Preferente: O Sofán pecha a primeira fase como campión

Esta fin de semana a SD conqueriu o obxectivo que se marcaba a principio desta liga 'express’, que non e outro que pasar como campión de grupo á seguinte fase, e o que lle otorga 3pts para esa nova fase que dá acceso a 3ª RFEF.
E fíxoo non sen atrancos, xa que o Laracha, tal e como se esperaba, veu a poñer en problemas o cadro local.
Preferente, 1ª Fase, Gr.1, xornada 11
- Resultado: Sofán - Laracha (4-2)
- Sofán: Brais; Alexandre (Raul), Iriso, Becerra, Gody; Eibe, Diego García (Juanjo), Fabián, Paulo (Raúl Añón), Martin, Vía (Dopico).
Empezou forte o encontro xa que nada máis comezar e antes de que se cumplira o primeiro minuto de xogo, avisou Martín cun tiro cruzado que esta a piques de entrar. A Sd queria finiquitar pronto o partido e seguiu insistindo e de novo un roubo de Fabián que cede a Martín para que este centre e non chega a remachar Vía. Apenas un par de minutos despois, nunha falta na frontal, pégaa Mario, non atalla Brais e o seu rexeite cázao Lucas para poñer o 0-1 no 20'. A Sd espertou e no 29' unha boa xogada de Fabián que centra para que remate Paulo e poña o empate. Antes do descanso outra boa acción entre Fabián e Paulo que remacha no man a man este último e pon o 2-1 no 40’.
Á volta do descanso mais ocasións, nas botas de Fabián, Vía e Paulo. Foi no 70' nunha boa acción entre Eibe, Juanjo e Martin e que marca este último de tiro cruzado para o 3-1. E cando xa todo parecía rematado noutra falta chegaba o 3-2 no 82' e levando a inquedanza o Carral. Tocou remar de novo pero cando o tempo esmorecia, apareceu o capi Raúl para marcar o 4-2 de penalti e cerrar o partido.
Ao remate, fenómeno detalle do Laracha, que nada máis rematar o encontro fíxolle o pasillo a SD, nun xesto que lles honra como equipo e como club.
A partir de aí celebración no Carral e agora, despois da semana de descanso último partido contra o Montañeros e prepararse para a fase, noraboa a todos, xogadores, corpo técnico, directivos e afección.
Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com
Crónicas da Preferente
- Preferente: O Sofán asegura o seu pase á Fase de Ascenso á 3ª RFEF.
- Golpe enriba da mesa da SD.
- Preferente: Vitoria in extremis para manter o liderato.
- Preferente: Doble derrota de Xallas e Sofán.
- O bo partido do Xallas quedou sen premio.
- A SD queda líder en solitario.
- Preferente: 9 de 12 na ponte de Semana Santa.
- Xallas e Sofán volveron aos seus feudos
- Sensacións máxicas, e derrota, na estrea do Sofán.