Venres. 23.08.2019
El tiempo

Preferente: O Xallas logrou un punto in extremis e o Sofán caeu goleado

SD Agolada - SD Sofán
SD Agolada - SD Sofán
Preferente: O Xallas logrou un punto in extremis e o Sofán caeu goleado

Marcos salvou un punto para o Xallas ante un rival directo pola permanencia como é o Foz e fíxoo cun gol no minuto 90 que lle permite seguir fóra dos postos de descenso, tanto directo como por arrastres.

Pola súa banda, un Sofán relaxado en exceso, caeu goleado na súa visita a un xa descendido Agolada.

CD Foz 1 – 1 Xallas FC

CD Foz: Bruzos, Bouso, Javi Chinchón, Jesu, Cristian, David Rodríguez (Canario m.68), Dani Chao, Jacob (Xenxo m.87), Ibán, Asier e Rivera.

Xallas FC: Koke, Christian (Carlos m.82), Jacobo Lois, Santi, Julián López, Álex Blanco, Álex Canedo, Marcos, Rubén, Jaco López (Abel m.64) e Óliver.

Goles: 1-0 m.4: Jesu; 1-1 m.90: Marcos.

Expulsión: O local Rivera no minuto 63.

As cousas poñíanse costa arriba para o Xallas nada máis comezar cun gol temperán de Jesu á saída dunha falta lateral. A partir deste gol, os de Santa Comba lograron levar a iniciativa do partido e tamén tiveron ocasións para empatar pero non acertaría de cara a gol, polo que o marcador non se movería antes do paso por vestiarios.

No segundo tempo, os xalleiros seguiron levando a iniciativa pero a actuación de Bruzos privaríaos do gol. No minuto 63, Rivera deixaría cun home menos aos seus, o que fixo que os homes de Pablo Otero se volcasen un pouco máis no ataque pero aparecería de novo o gardameta do Foz para evitar o gol de Julián López.

E co partido tocando ao seu fin, Marcos facía o definitivo 1-1 para darlle un punto aos seus.

SD Agolada 4 – 0 SD Sofán

Agolada-Sofan

SD Agolada: Rafa (Peti m.46), Rivas, Miguel, Álex Sánchez (Diéguez m.56), Pacheco (Santi m.83), Brais (Igor m.75), Joel, Bieito, Rozas, Pereiro e Aitor Hurtado.

SD Sofán: Jesús, Sera, Antonio, Juanjo, Pablo (Luis m.56), Canedo, Eibe, Matías (Parafita m.56), Alexandre (Nacho Moreno m.60), Quintela (Iván Rey m.56) e Raúl.

Goles: 1-0 m.7: Pereiro; 2-0 m.54: Aitor Hurtado (p); 3-0 m.56: Aitor Hurtado; 4-0 m.63: Sera en propia porta.

Expulsión: O sofanista Sera no minuto 82.

Partido sen historia en Agolada no que onde a SD Sofán pagou o excesivo relaxamento co que afrontou un encontro no que se adiantarían os locais por medio de Pereiro.

Os visitantes terían o control do Adiantouse pronto o Agolada, e a Sd tivo o control do xogo durante a primeira metade pero sen apenas ocasións de gol.

E no inicio do segundo tempo, uns 10 minutos de páxara total do Sofán deixou o marcador nun abultado 4-0. Aitor de penalti inexistente anotou o segundo e tamén fixo o terceiro, mentres que Sera tivo a mala fortuna de anotar en propia porta.

Comentarios