Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Previa: Ás 4 grandes ligas, á escena

Ponteceso-Corme-Foto-SD
Imaxe dun Ponteceso-Corme das pasadas temporadas-Foto-SD
Previa: Ás 4 grandes ligas, á escena

Xa ca plataforma www.futboldacosta.com, activa, e co carrusel dominical cos goles en directo, informaremos a través do Facebook "Fútbol da Costa"), o Fútbol da Costa segue sumando categorías en competición. A Preferente e a 1ª xa arrincaron

Todo mentres os clubs analizan a proposta da RFGF de comezar a Copa da Costa 2024 xa este 1 de novembro.

Por arriba, o Sofán afronta a súa primeira saída ao campo do recén ascendido Miño, o domingo ás 18:00.

Esta semana falabamos cos 5 adestradores da 1ª Galicia, analizando como comezan o curso e as súas aspiracións. Esta 2ª xornada, a Esteirana segue o seu periplo de derbis, e tras vencer no Conco vai recibir ao Fisterra na tarde dominical. O Baio necesita mellorar as sensacións, igual que o Dumbría, mentres que o San Lorenzo quere seguir na boa liña visitando todo un Bertamiráns.

A 1ª xornada desta abertísima Liga da Costa terá o foco de atención no Ponteceso - Corme do domingo. Con todo, temos dous partidos para o sábado, o Cee-Volantes e o Muros-Coristanco.

Xa na 3ª, a Liga comeza con Xallas e Soneira como grandes trasatlánticos que loitarán (co permiso dos Corcubión, Zas ou Laxe) polos dous posto de ascenso directo. Os xalleiros reciben a un Ameixenda que sobreviviu ao SOS proposta pola directiva, co compromiso dos xogadores de estar sempre ao 100%. Os vimianceses visitan o filial do Sofán no Carral (onde hai doble partido da categoría na tarde dominical), dúas boas probas para coñecer as diferencias reais.

BASE

Ademais, cos cadetes xa en xogo, arrincan as Ligas Xuvenil, e a doble liga infantil. 

TODOS OS CALENDARIOS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM.

Máis novas

Comentarios