Protagonismo muxián nunha Gala do Fútbol da Costa 2026 na que agromou o sentimento de pertenza

Foto de familia dos gañadores da Gala do Fútbol da Costa 25/26

Emoción, identidade, paixón, escola de valores e cohesión social foron algunhas das descricións que saíron ao longo da XI Gala do Fútbol da Costa-QPC. O auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros quedou pequeno para recibir ás máis de 250 persoas do fútbol costeiro que se achegaron a esta festa de despedida do noso fútbol. Un Fútbol da Costa que une, que vertebra, que favorece o traballo en comunidade de toda unha comarca, como destacaron nos seus discursos a alcaldesa de Muros, María Lago, o concelleiro de Deportes Damián Torea ou o presidente da RFGF Pablo Prieto.

O edil muradán, coñecido no fútbol costeiro como Kajulo, acabou recibindo ese balón da Olería de Buño (unha xoia feita polo Taller Feituras) que nunca conseguira sobre o céspece nun agasallo de QPC. “Isto non só é deporte. O Fütbol da Costa é unha gran familia”, definiu a perfección o edil.

Kajulo recibindo un balón do equipo de QPC
José Manuel Mira e óscar Leis dirixiron maxistralmente a Gala

A gala, dirixida maxistralmente por José Manuel Mira (que levou outro balón de agasallo para casa polo seu compromiso e dedicación ao noso deporte) e o fantástico Óscar Leis, foi tremendamente áxil e fresca, e estivo amenizada pola actuación de Julia. A fisterrá, alumna aventaxada da ESMU de Carnota e filla de Serguei, demostrou a súa pericia coa guitarra cantando dous temados de rock noventeiro.

Julia, nace unha estrella

Foi ademais unha gala totalmente paritaria, na que o FUTFEM cada vez colle máis presenza e protagonismo, gracias á maior implicación das novas xogadoras. Repasamos como foi a Gala cos datos e con fotos, sinalando que imos publicar unha completa galería coas fotos de Adán Pérez nas nosas redes e na propia web.

O Muxía levou 15 premios dos 40 premios

O Muxía recibindo de Papi o Premio Plaia das Lanchas ao Mellor Equipo Masc

En canto aos premios escollidos pola votación de 120 persoas (80 para as categorías masculinas e 40 para as femininas, 2 votos por club ademais de xornalistas e colaboradores), como era esperado despois do visto sobre o céspede este curso, o CF Muxía foi o gran protagonista da noite, levando 15 dos 40 premios que se repartiron na noite, coa axuda ademais dos azafaifos da ED Os Miúdos.

Trucho, que trouxo un detalle de Tritón, e Noelia Freijeiro entregando o Premio Asesoría ASFECO á Pombo de 1ª e Pref. a Ivan Bouzón
 
  • Premio PLAIA DAS LANCHAS ao Mellor Equipo Masculino.
  • Premio AS BALEAS ao Mellor Equipo Feminino.
  • Premio RESTAURANTE DÁLVARO ao Mellor Adestrador MASC: Sergio Pataca.
  • Premio ESTEBAN BLANCO ao Mellor Xogador: Manu Nogueira.
  • Premio APLIGASA ao Mellor Xogadora: Patri Romaní.
  • Premio RAMACAR ao Pichichi das Pref. e 1ª FUTGAL: Fran Moreira.
  • Premio MOBLERÍA E COLCHONERÍA CARRASCO á Pichichi do #FUTFEM: Eva Lema.
  • 5 Premios FUTGAL ao 11 Ideal Masculino: Iván Bouzón (porteiro), Carlos Costa (defensa), Mauro Romaní (medio) e Manu Nogueira (medios) e Fran Moreira (dianteiro).
  • 3 Premios MAQUISABA ao 11 Ideal FEM: Laura Doce e Patri Romaní (centrocampistas) e Eva Lema (dianteira).
Chicho entregando a Pichichi a Eva Lema
Denis Sambad das Baleas entregando o Premio Mellor Adestrador a Sergio Pataca
Familia do Muxía CF con todos os seus premios nos petiscos do final

Premios por toda a comarca

Pero dicimos que esta gala vertebra porque ao final houbo premios que marcharon para Corme, Dumbría (unha parte, o de Aarón Fdez. que quedou no seu Muros natal), Vimianzo, Camariñas, Cee, Cabana, Santa Comba, Ponte do Porto (e Fisterra), Malpica, Coristanco, Carballo ou Baio.

Manel Frixe do Soneira recollendo con Diego de Cristalería Vilas o Premio Á Mellor Directiva

Así, outros dos premios escollidos por votación foron repartidos:

  • Premio CRISTALERÍA VILAS á Mellor Directiva: os clubs premiaron a labor do Soneira SD.
  • Premio AUTOCARES J. POMBO ao Mellor Adestrador/a FEM: Rubén Souto (Corme CF) levou o seu terceiro trofeo consecutivo.
  • Premio Especial Abdoulaye de Fútbol Base: O CF Dumbría foi o escollido pola meirante parte dos 120 votos.
Pablo Conde recibindo do presi do Muxía o Premio Abdoulaye ao Fútbol Base para o Dumbria CF

Os 11 ideais

Repasamos ademais como foron repartidos os 11 ideais (recolleremos as votacións íntegras para a semana):

11 IDEAL MASC: Iván Bouzón (Muxía) na portería; defensa con Carlos Costa (Muxía); Aarón (Dumbría), Alex Sánchez (Sofán); medio con Mauro Romaní (Muxía), Manu Nogueira (Muxía), Doro (Xallas), Aday (Malpica); e dianteira para Bruno (Porteño), Diego Estévez (Dumbría) e Fran Moreira (Muxía).

11 IDEAL FEM: Miriam (Cabana) na portería; defensa con Saskia (Corme), Lucía Ramos (Cee), María Rial (Xallas); medio con Patri Romaní e Laura Doce (Muxía), Paula Fandiño (Dumbría) e Yara (Camariñas); e arriba Eva Lema (Muxía), Kenny (Soneira) e Paula Veiga (Cee).

Árbitros e Delegados

Diego Grille con Eva Vidal, nai de Lucas Vicente Vidal, e Manuel Espasandin

O Premio Lucas Vicente Vidal ao Árbitro do ano (escollido por votación do colectivo arbitral) foi para o carballés Diego Grille. Quedaron finalistas o coristanqués Alfonso Caamaño e o pontecesán David Castro.

O colectivo arbitral, sempre presente nestas Galas (volveu falar a súa respectada voz, Manuel Espasandín) escolleu tamén ao Premio SAUNIER DUVAL ao Delegado do ano, neste caso escollendo a Bertino do CD Baio, quedando Domingo (EF Carnota) e o bo de Barrié (SD Ponteceso) ás portas do recoñecemento.

Os Pichichis e os Pombos

Tamén se fixeron entrega os que xa viña perfilados:

Pablo Coste con Antonio de CMA Construción recollendo o Pichichi da 3ª
  • Premio RAMACAR ao Pichichi das Pref. e 1ª FUTGAL: Fran Moreira (Muxía)
  • Premio MÁIS DEPORTE ao Pichichi da 2ª FUTGAL: Bruno (Porteño)
  • Premio CMA CONSTRUCCIÓN ao Pichichi da 3ª FUTGAL: Pablo Pose (Coristanco)
  • Premio MOBLERÍA E COLCHONERÍA CARRASCO á Pichichi do #FUTFEM: EVA LEMA (Muxía)
  • Premio Pombo ASFECO ao Porteiro Menos Batido da Pref. e 1ª FUTGAL: Iván Bouzón (Muxía)
  • Premio Pombo ao Porteiro Menos Batido da 2ª FUTGAL: Rodri (Baio)
  • Premio Pombo IVÁN VILANOVA & INSUA ao Porteiro Menos Batido da 3ª FUTGAL: Benji (Oza)
  • Premio Pombo O MONCHO BURGUER á Porteira Menos Batida do #FUTFEM: Desi (EF Juan Cabrejo)
A Pombo do FUTFEM Desi, con Trucho, que trouxo un detalle de Tritón, a únca marca galega de luvas profesionais, e Domin do Moncho Burguer

Publicaremos unha Galería completa coas fotos de Adán Pérez da Gala nas nosas redes sociais.

A vertente solidaria

A Gala serviu ademais para recadar arredor dos 500€ cos que QPC colabora coa ONG Egueire no seu afán por construír un comedor escolar en Ebunou, unha pequena vila costeira do sur de Costa de Marfil. A entidade doou unha serie de elementos de artesanía africana, que se sortearon xunto cunha boa marea de camisetas dos equipos da comarca que conseguiu a Asociación ASFACOS.

Un dos fermosos manteis pintados a man de Egueire sorteados 

Os Patrocinadores

REPASO DAS GALAS