Unha carballesa, subcampiona do Mundo
A carreira de Elena Vázquez segue superando fitos. A que foi nomeada Mellor Xogadora da Futbol da Costa, con apenas 15 anos, na campaña 21/22, xa é subcampioa do Mundo. A carballesa vai queimando etapas, e da Selección da Costa pasou á Selección Española en apenas uns meses.
Este ano, con 17 anos, xa debutou co Dépor Abanca na Liga F, a máxima categoría do fútbol estatal. E a semana pasada a capitana da Selección Galega en categorías inferiores proclamouse subcampioa do Mundo xogando coa Selección Española sub17.
A carballesa foi unha xogadora fundamental na selección dirixida por Kenio Gonzalo no campionato celebrado na República Dominicana, na que a piques estiveron de gañar a medalla de ouro, que se escapou na quenda de penaltis ante a RPD de Corea.