Luns. 27.01.2020
El tiempo

Recta final para o Álbum da Costa: As fotos xa están listas

Sacando fotos do álbum en Muros
Sacando fotos do álbum en Muros
Recta final para o Álbum da Costa: As fotos xa están listas

Esta pasada fin de semana vimos de rematar as fotos do Álbum de Cromos 2019/2020. Un álbum que está sendo unha revolución, pois convertir en protagonistas a 900 rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos de toda unha comarca non se fai todos os anos.

A rolda de sesións fotográficas viuse desfavorecida polo complicado outono que levamos meteoroloxicamente falando, polo que nos provocou un certo retraso. Deste xeito non chegaremos a tempo para o Nadal, pero esperamos ter o álbum na rúa durante o mes de xaneiro.

Agora o traballo céntrase en Vigo, onde a empresa Sportcrom desenvolve todo o traballo de edición dos cromos e máis do álbum, para inmediatamente proceder a impresión.

Presentacións pola comarca

A comezos de xaneiro realizaremos unha serie de presentacións pola comarca, convocando a todos os clubs para que as familias poidan vivir o fútbol da Costa na súa esencia. Unhas presentacións que servirán tamén para acadar un dos obxectivos que sempre nos facemos con estes proxectos: vertebrar a bisbarra a través do deporte.

Puntos de venda

Xa temos confirmados unha vintena de puntos de venda na comarca. Algúns serrán coordinados polos propios clubs, que tamén os ofrecerán nas cantinas dos campos. Outros son puntos de venta como librerías, quioscos…

Iremos dando boa conta deles nos vindeiros días.

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios