Martes. 19.03.2024
El tiempo

A RFGF presentou aos clubs o Plan Competicional para os grupos costeiros da 1ª, 2ª e 3ª Galicia

Reunion da RFGF cos clubs da Costa
Captura da reunión da RFGF cos clubs da Costa
A RFGF presentou aos clubs o Plan Competicional para os grupos costeiros da 1ª, 2ª e 3ª Galicia

Esta noite de luns 14 de setembro, tivo lugar unha reunion virtual dos clubs da Costa cos membros da Real Federación Galega de Fútbol. Tras analizar a visión dos equipos de Prefetente do Plan poposto polo ente federativo, tocaba presentar a posible competición das 1ª, 2ª e 3ª Galicia.

Estiveron presentes todos os clubs, mesmo o Soneira, que vén de adheriuse a unha reclamacón do Boiro ante a Federación Española, no que solicita o seu ascenso á 3ª División ocupando a praza do Compostela, e que en caso de prosperar suporía o ascenso do cadro soneirán á Preferente.

A reunió foi presentada por Silvia Cancela e Manuel Corredoira, e foi Manu Fernández o que presentou o Plan competicional das 3 categorías.

A idea da RFGF é seguir traballando para chegar a competicións ligueiras de 16-18 equipos, a pesar do que acontenceu o ano pasado, pero todo tendo en conta ademais co protocolo a facer se se ten que paralizar ou mesmo suspender a competición outra vez.

Pero aínda falta data de comezo por determinar, unha vez que aínda falta que a Xunta ten que aprobar oo protocolo de deportes con contacto físico, deixando despois o 5-6 semanas de “pretemporada”. A idea, se todo vai ben, as Ligas comezarían o 30 de outubro ou 1 de novembro.

O plan competicional

As normas básicas son que se dividen as categorías en subgrupos por criterios xeográficos, facedo unha primeira fase que sería a doble volta sempre que se comeza 30 de outubro. Os 3 primeiros irían a unha fase de ascenso, enfrontándose por cremallera e con bonificacións polo posto acadado na primeira fase.

1ª Galicia

Plan competicional para a 1 GALICIA DA COSTA 20-21

O grupo costeiro da 1ª Galicia será o B, e terá aos 7 clubs costeiros (Corme, Ponteceso, Soneira*, Baio, Dumbría, Mazaricos, Volantes) ademais Negreira, Belvís e Todrdoia.

Como dicimos, os 3 primeiros irán ao grupo ascenso, e o resto de quipos xogarían pola permanencia, tendo en conta que o mellor e o peor 5 se perfilarán por criterios de deportividade, unha vez que son diferente número de partidos.
En total serán 18 xornadas da primeria fase e outras 10 da segunda. Haberá 1 ascenso directo e 5 descensos.

 

2ª Galicia

Plan Competicional da 2 Galicia da Costa 20-21

Haberá dous grupos, un Norte e un Sur, con 9 equipos, 18 xornadas da primeira volta, da que os 3 primeiros xogaranse o ascenso (nun grupo con bonificacións por posicións) e o resto loitarán evitar o descenso. Haberá 1 ascenso e 3 descensos, sendo un total de 28 xornadas.

O Baíñas concretou as súas dúbidas sobre a distribución dos grupos, pedindo xogar no grupo Norte. Pero a RFGF fixo a contabilización dos quilómetros, sinalando que o Zas tería máis quilómetros por percorrer no grupo Sur que o Baíñas.

3ª Galicia

Plan Competicional da 3 Galicia da Costa 20-21

Será un grupo único do 10 equipos, contando coas novidades do Xallas, B Pereiriña e Oza. Todos os equipos loitarán polo ascenso, pois se formarán, por cremallera, dous grupos de 5 para a segunda fase, arrastrando bonificacións polo posto acadado, e estando programados 2 ascensos, un por cada subrupo, completando un total de 28 xornadas.

Que pasará si se suspende

Diego Batalla explicou as normas excepcionais sobre o CovD19, que están desenvolvendo coa Federación Española. Por exemplo, se se suspende a competición cando se teña superado o 50% da primeira fase, tomarase á orde clasificatoria no momento da paralización, sen promocións e con ascensos e descensos directos. Se non se chega ao 50%, a competición será anulada.
Se a primiera fase se convierte en unha única volta, entenderase que o 50% é a volta completa.

Sobre os partidos que se suspendan, por exemplo por un xogador que deu positivo, provocando que o seu club teña que facer corentena; ou que un Concello peche unha instalación municipal, explicaron que se intentará disputar o máis rápido posible, pero se o partido pertence á primeira fase, e unha vez que non se puido disputar antes do remate desa primeira fase, dase o partido por perdido ao equipo que provocou a suspensión.
Este vén sendo un criterio con certa polémica polo que se baralla tamén tomar a clasificación polo criterio de coeficiente de puntos entre patidos xogados e puntos.

Dúbidas importantes

Varios eqipos como Corme amosaron as súas dúbidas como será o comezo da competición (Muxía ou Mazaricos mesmo incidiron nas dúbidas sobre saír a competir); sobre os protocolos nos pequenos vestiarios dos campos costeiros (falouse da necesidade de facer turnos de duchas para manter as distancias)… ou a figura de responsable de Protocolo e de Hixiene que teñen que incluír os clubs.
Batalla explicou que a declaración que terán que firmar os responsables dos clubs é que os xogadores, adestradores… asumen o risco e aceptan os protocolos anticovid propostos pola RGFG (tomar tempoeratura, mascarilllas…) Polo tanto o coordinador covid só terá que levar a cabo os protocolos e non terá ningún problema sempre que se viana cumpllindo os xogadores…

Sobre os protocolos, a RFGF está traballando cos Concellos para instalar nos campos un termómetro infravermello que mida a temperatura de todas as persoas que entren nos campos sen necesidade de andar ca pistola. E ademais están valorando a posibilidade de facer un test serolóxico antes do inicio da competición.

Outra dúbida é que sobre as instalacións municipais, destacando que os alcaldes da zona non están por abrir os campos ás competicións con público aberto.

Outra pregunta importante foi presentada por Ana do Lira, que manifestou a cuestión de cales son as consecuencias para un club que decida non correr os riscos. A Federación deixou claro que será descendido á 3ª.

O representante do Sporting Zas, Roberto Mouro, traballador do mundo dos seguros, preguntou sobre a posibe devolución das cotas da Mutualidade dos meses nos que non houbo competición na temprada pasada, reclamando os cartos dos clubs. Os representantes da Federación explicaron que “a Mutualidade non é unha compañía ao uso”, e que a súa “cota solidaria” pagarase en dúas fases, con ese desconto de 15%, e sinalaron que non sube a cota polo remanente da temporada pasada. Mouro deixou claro que enviará a súa reclamación á Dirección Xeral de Seguros en Madrid.

Dende os clubs vimianceses solicitaron a colaboración da RFGF para que o Concello de Vimianzo cambie o céspede.

Base e Veteranos

Preguntouse tamén pola ampliación das renovacións (aumentarase do 21 de setembro) e sobre o fútbol base (non hai nada concreto aínda), ou como será a compensación económioca aos clubs se se suspende a competición.

Sobre os Veteranos tamén deixaron claro que a idea é seguir esperando polo Protocolo para ir perfilando as competicións. Apuntaron que houbo dúas altas de novos equipos nos Veteranos da Costa.

Público e cantinas

Non faltou unha das preguntas que se fan os clubs é a posibilidade de acceda o publico aos campos. “O Fútbol afeccionado ten que volver con público”, delcarou Louzán, tendo en conta que o protocolo inicial da Federación Española inclúe un máximo de 1.000 persoas en recinto aberto sentadas, e 300 en pechado.

En todo caso a Federación deixou claro que volverá escoitar aos clubs para comezar ou non a competición.

 

Novas relacionadas

Comentarios