Luns. 28.09.2020
El tiempo

Continúa a incerteza arredor do fútbol costeiro

Reunión da RFGF cos equipos de Preferente esta pasada noite de mércores
Reunión da RFGF cos equipos de Preferente esta pasada noite de mércores
Continúa a incerteza arredor do fútbol costeiro

Continuaba onte a serie de xuntanzas da RFGF cos clubs de toda Galicia cun encontro virtual cos clubs de Preferente. Do noso fútbol, participaban os presidentes de Sofán (Ricardo Tasende) e Xallas (Beatriz Velo), pero non houbo representantes do Soneira SD, unha a día de hoxe o CD Boiro é equipo de Preferente. O club da Barbanza contaba co seu ascenso á 3ª División, o que provocaría o ascenso do cadro soneirán, pero dende a Federación Española non confirmaron o seu ascenso.

Na reunión houbo moitas preguntas e poucas respostas, pero é que a día de hoxe a realidade é que non pode habelas. O CDS sorprendía onte coa aprobación unicamente do protocolo para categorías nacionais, deixando as competicións autonómicas na man da Xunta. A Federación trasladaba a súa idea de arrincar o antes posible, “en canto se poida, dando 5-6 semanas de marxe para a pretemporada”, pero toca esperar a que a Secretaría Xeral para o Deporte faga o protocolo para a volta as competicións, porque a día de hoxe en Galicia non está permitido practicar deportes de contacto.

Iso si, os clubs teñen que valorar a proposta competicional da RFGF de Preferente para a tempada 20-21

Necesidades

O presidente da SD Sofán recoñece que “a día de hoxe estamos practicamente igual que no mes de abril, e non sabemos se imos empezar en outubro, en xaneiro ou mesmo se imos empezar ou non”. “Non nos atrevemos a comezar a cobrar carnets, publicidades, patrocinicios… se despois non podemos comezar a liga. Por iso necesitamos que se poña data de inicio, pero garantizando que vai haber público e que se poidan abrir as cantinas”.

Ademais, o club forma parte dun grupo de traballo formado por 14 clubs (Atlético Arteixo, Boimorto CF, Betanzos CF, SDC Galicia Mugardos, Laracha CF, SD Sofán, Puebla CF, San Tirso SD, SD Dubra, Sigüeiro CF, Noia CF, SD O Pino, Victoria CF, CD Boiro.) que solicitan outras cousas como o fraccionamento da mutualidade; o reparto equitativo coas axudas da Federación Española de Fútbol.

Novas relacionadas

comentarios