Este sábado arrincan as concentracións da categoría Prebenxamín das fermosas Ligas Comarcais de Fútbol Sala
Mentres as categorías Alevín e Benxamín das Ligas Comarcais de Fútbol Sala, as LCFS, se desenvolven en formato Liga, a categoría dos máis peques, a de Prebenxamíns terá formato de concentracións. Un formato ideal para que a rapazada pase unha tarde marabillosa ao mes, compartindo pavilló cunha marea de nen@s de toda a comarca, e para que as familias non teñan que andar carrexando nas criaturas todas as fins de semana.
Son 6 equipos nos que participan na categoría: EDM Cabana, EFC Zas, EMF Vimianzo, EF Vila de Cee, EFB Corcubión e EF Fisterra.
En total farán 5 concentracións esta temporada, comezando esta tarde, a partir das 16:00h do sábado 18 de novembro no Pavillón de Corcubión.
As seguintes citas serán o 2 de decembro en Cee, o 13 de xaneiro en Cabana, o 10 de febreiro en Vimianzo e o 23 de marzo en Zas.
A competición será coma se fose unha Liga, con 2 xornadas por concentración (2 partidos por sábado para cada equipo). 0s 4 primeiros pasarán á Fase Final que se disputara o 27 de abril, e campión despois participará na Fase Intercomarcal e, se pasa, no Campeonato Provincial.
AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM