Arrincou unha nova temporada, a nº26, das Ligas Comarcais de Fútbol Sala

07:30 03/11/23
Arrincou a 26 edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala, nas categorías Benxamín e Alevín. Coordinadas por Fran Toba, 10 equipos en categoría Alevín e 10 en Benxamín compiten xa cada semana por meterse na gran fermosa fase final.
Unha liga na que as criaturas de 8 a 12 anos non teñan que sufrir as inclemencias dos temporais, poidan xogar en pavillóns pechados, e poidan mellorar a súa técnica arrincando co futbito.

As Táboas en www.futboldacosta.com