Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Santa Comba homenaxea os 20 anos de FSF de Severino Amarelle

Santa Comba homenaxea os 20 anos de FSF de Severino Amarelle
Homenaxe a Severino Amarelle en Santa Comba

Cada semana traemos as crónicas do FSF nas que incluímos os partidos do Viaxes Amarelle da nosa muxiá Patri. Pero poucas veces contamos que no alto dos despachos está un xalleiro. Severino Amarelle leva 20 anos á fronte dun dos clubs máis importantes do fútbol sala feminino galego.

Por iso, dende a súa casa queren facerlle unha homenaxe, e convocan a toda a veciñanza a achegarse a tarde do vindeiro sábado 17 de xuño, ao pavillón de Fontenla. Haberá partidos, recoñecementos e unha cea homenaxe.

Ata lle fixeron unha web severinoamarelle.com, na que podedes reservar praza para a cea e mesmo podedes compartir algunha anécdota da vida de Severino.

O venres, tradición

Ademais, Santa Comba non para. O Venres 16 o Campo da feira encherase de grupos co Festival de Baile e Música Tradicional de Santa Comba.

Fonte

  • Concello de SAnta Comba.

Comentarios