A SD afronta unha histórica Fase de Ascenso á 3ª División arroupado pola afección vermella

Tínguense de vermello as fiestras de Sofán e boa parte de Carballo para esta histórica Fase de Ascendo da SD Sofán á 3ª División Estatal. Un equipo de aldea, que aínda estaba na 2ª Autonómica na temporada 2013/2014, e que pasiño a pasiño, foi creando unha estrutura de club grande, cunha base espectacular e un equipo sénior aspirando a categoría nacional.
Afronta agora unha 2ª Fase de liguilla de 4 partidos, con 2 partidos no Carral. O equipo de Alberto Rodríguez e Cantudo, como campión de grupo empezan a liguilla con 3 puntos, como Noia e Sarriana, polo que parten con certa vantaxe.
O domingo recibe ao Noia, e o club abre un abono de 15€ para este e para o partido do 27 de xuño, que será unha finalísima ante o Boiro. O abono inclúe unha camiseta conmemorativa desta histórica fase.
Alberto Rodríguez cóntanos como afrontan esta Fase: "Afrontámola coma o último reto dentro de esta temporada tan dura e atípica. Gañámonos estar entre os mellores e seguiremos traballando na mesma liña que ata o de agora". O míster asegura que "o equipo está convencido de traballar diariamente para sacar a relucir o seu potencial. Non pensamos máis aló do partido do próximo domingo", sinala.
E ten claro cales son os puntos fortes: "A maior fortaleza de este grupo é precisamente o equipo que forman, e as gañas de querer ser mellores no día a día tanto individual como colectivamente".
Parece claro que a afección vai ser importante nesta fase, e o equipo sente xa a súa calor: "Sentímonos moi arroupados no Carral, e estou seguro que nos darán un plus nos dous partidos que temos na casa. Necesitámolos e estou seguro que responderán como saben."
Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com
Crónicas da Preferente
- Preferente: O Sofán pecha a primeira fase como campión.
- Preferente: O Sofán asegura o seu pase á Fase de Ascenso á 3ª RFEF.
- Golpe enriba da mesa da SD.
- Preferente: Vitoria in extremis para manter o liderato.
- Preferente: Doble derrota de Xallas e Sofán.
- O bo partido do Xallas quedou sen premio.
- A SD queda líder en solitario.
- Preferente: 9 de 12 na ponte de Semana Santa.
- Xallas e Sofán volveron aos seus feudos
- Sensacións máxicas, e derrota, na estrea do Sofán.