Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A SD Ameixenda rendeu a súa homenaxe a Bruno Castro

Ameixenda-Corcubion homenaxe a Bruno Castro
A SD Ameixenda rendeu a súa homenaxe a Bruno Castro

Retomou a familia da SD Ameixenda a súa homenaxe a Bruno, o rapaz de Gures falecido en 2019 nun accidente de tráfico. O momento máis emotivo da tarde sabatina foi antes de empezar o encontro, cando os capitáns da SD Ameixenda e da UD Corcubión, Chucho e Iago, fixeron entrega dun ramo de flores a Isabel Sambade, nai do recordado Bruno, nun acto sinxelo pero moi emocionante. “Queremos agradecer a Isabel a súa presenza demostrando unha gran entereza”, expresan o seu agradecemento dende a familia ceense.

SD Ameixenda 22-23
SD Ameixenda 22-23

A xornada serviu de choque de pretemporada para ir medido forzas. Os dous equipos fixeron un gran esforzo xa que facía bastante calor. Moi ben o Ameixenda no primeiro tempo, controlando o partido e facendo boas combinacións entre os medios e os dianteiros e dando sempre a sensación de que en calquera momento podía chegar o gol, sobre todo por medio de Capote e Cristian. Así ocorreu no minuto 22 cando Capote resolveu unha boa xogada. Non lle viraba a cara ao partido o Corcubión, sobre todo porque ten nas súas filas a Iago Lema, xogador total onde os haxa. El foi o encargado de empatar o encontro no minuto 34 nunha definición chea de forza e calidade. Cando parecía que se chegaría co 1-1 ao descanso, o porteiro do Corcubión, cegado polo sol, non foi quen de atallar un centro bombeado que se metíu na portería.

No segundo tempo o Corcubión dou un pasiño pa diante, dispoñendo dalgunha ocasión de gol e o Ameixenda buscaba as costas da defensa rival buscando a rapidez de Capote ou Cristian. Así pasaban os minutos con oportunidades para os dous equipos ainda que mais dominio do Corcubión neste segundo tempo. Ao final 2-1 nun partido moi entretido.

Emoción, deportividade e bo fútbol para homenaxear ao noso sempre recordado Bruno Castro Sambade.

Novas relacionadas

Comentarios