Venres. 19.04.2024
El tiempo

A selección sub-12, unha oportunidade de aprender

A selección sub-12, unha oportunidade de aprender
Teremos o mércores que ven en Dumbría un dos acontecementos do ano, e a bo seguro que en importancia de moito tempo: o Torneo de seleccións comarcais sub-12 de fútbol 8 masculino e feminino. Será esta unha boa oportunidade para que todo o fútbol costeiro se de cita no Conco para observar ó melloriño do fútbol galego nesas idades, e de paso tomar boa nota de maneiras de facer que nos poden servir para o noso fútbol base. Os seleccionadores do combinado costeiro son Nando e Jose Barca, e estiveron con QPC para contarnos que esperan deste evento. Os dous seleccionadores son moi optimistas sobre o nosos papel o mércores 6 Nando é ben coñecido por todo o fútbol base costeiro. A súa etapa en Cee, o club da súa vida, marcou unhas liñas mestras que moitos seguimos e observamos con atención. Agora mesmo dirixe o conxunto cadete de Liga Galega do Dumbría, e isto nos contou do comarcal sub - 12: QPC - Levades xa tres adestramentos nos que fixestes unha selección de entre cerca de 50 xogadores. Que tal nivel estás a ver nos rapaces que nos van a representar? NANDO - O nivel vaino dar a competición. Hai moi bos mimbres, vense nenos moi capacitados, que ademais de forza ou velocidade, teñen calidade. Vese que nos seus clubs se está a traballar ben. Houbo un gran cambio nestes últimos anos nese senso, os equipos estanse dedicando mais a formar que a competir e iso vaise notando. Espero que no torneo se vexan estas cousiñas. QPC - Tocaranos xogar contra Santiago e Ferrol. Que nivel te esperas das outras seleccións? NANDO - Pois esperamos un nivel moi alto. Estarán os mellores de Galicia. Pero é certo que os nosos tamén teñen bo nivel, os que están e os que quedaron fora que poderán vir a outras convocatorias. Como estamos limitados polo formato do campionato tivemos que adaptarnos na selección dos nenos. E por parte dos outros equipos, pois virá o mellor do mellor, supoñemos. Vai ser un espectáculo para a xente que veña a ver o torneo. QPC - E un fito histórico para a Costa a organización deste torneo. NANDO - E unha honra para nos e para a Delegación da Costa poder organizar un torneo destas características. Pondremos todo da nosa parte para que a xente se atope o mais cómoda posible. que disfruten e sobre todo que os nenos aprendan e se divirtan, que é o noso máximo obxectivo. Seleccion da Costa sub-12 Barca é a outra pata do banco. O carballés agora mesmo adestra en Tordoia, e no fútbol base do Concello de Ponteceso. Ten amplia experiencia cos nenos costeiros, e estas son as súas reflexións: QPC - Que supón para ti ser un dos seleccionadores sub-12 na primeira vez que temos este combinado na Costa? BARCA - E un privilexio poder estar no debut desta selección. Foi unha gran alegría que contaran conmigo. Estas competicións son de gran nivel, moi difíciles, con equipos que xa levan tempo xogando, pero bueno, nos temos que marcarnos as nosas metas e tentar chegar a elas. QPC - Como estás vendo ós nosos chavales? BARCA - Fíxose unha preselección de mais de 50 rapaces, e creo que fixemos unha das seleccións mais potentes que podemos. Pode haber algún rapaz que se nos escapara, pero creo que teremos bo nivel. Na comparativa con outras seleccións temos que darnos conta de que eles teñen nenos de Deportivo, Celta, Lugo, Racing, Compostela... pero nos competiremos, seguro. QPC - Esta competición pode supoñer un bo espello onde mirarse e un trampolín para os nosos talentosos nenos, non che parece? BARCA - Calquera adestrador de base da Costa que poida vir o mércores pode aprender moito do que se fai noutros sitios, e os nosos nenos igual. Imos ter o mellor nivel desta idade, e todos tomaremos nota do que vexamos no Conco. Os referentes de Coruña e Vigo, e as demais seleccións son unha boa pedra de toque para os nosos. QPC - Ti eres bo coñecedor do fútbol feminino. O mércores está tamén o torneo de nenas, pero sin representación da Costa. Tardaremos moito en tela? BARCA - Sería unha noticia fantástica pero complicada. Na Costa non temos moita tradición, estase empezando e construíndo unha base pero de momento hai poucas nenas para pensar niso. Esperemos que as cousas cambien cara a futuro.

Comentarios