Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Soneira tamén volve á Liga da Costa coa xente da casa

Soneira SD celebrando o ascenso na praza do Concello
Soneira SD celebrando o ascenso na praza do Concello
O Soneira tamén volve á Liga da Costa coa xente da casa

Ao igual que o Xallas, o Soneira SD cumpliu os pronósticos e conseguiu o ascenso á 2ª Galicia. Despois da complicada decisión que tomaron a comezo de campaña os dous equipos, en clave de refundación, tendo que comezar unha nova singradura dende a 3ª Galicia, o primeiro paso está dado. E o máis importante: os alicerces están formados.

Porque os dous proxectos alimentáronse da xente da casa, o que dá máis mérito á gran campaña tanto do Xallas como do Soneira.

O cadro vimiancés está sustentando en alicerces como De la Sierra, Basti, Vía, Richi ou Iago, pero tamén conta con grandes promesas do noso fúbol, como son Héctor, central aínda cadete, ou Javi Lema, medio centro de primeiro ano xuvenil, que levan sendo protagonistas todo o ano. Son todos de Vimianzo menos o camariñán Yuyo no plantel. “Para o club é un orgullo ascender desta maneira”, resalta o adestrador Josiño Abelenda.

Soneira SD celebrando o ascenso 1

Despois da celebración no campo foron á praza do Concello a celebralo.

Soneira - Oza (2-1)

  • Goles: 1-0, m.12: Oreiro; 2-0, m.22: Vía; 2-1, m.50: Abib.

Tralo 1-4 da ida, a eliminatoria parecía solventada. E máis cando o equipo local se metía 2-0 aos 20 minutos. Pero o gol de Abib, unha doble expulsión de Oreiro por parte dos locais e Moha por parte dos visitantes, no m.53, e a xusto despois a expulsión de Cachi, deixaba ao Soneira con 9. En bloque baixo conseguiron aguantar as embestidas dun gran Oza, que demostrou ser un moi bo equipo, como vñen facendo ao longo da temporada.

Esta mañá de domingo 2 de xuño saberemos quen acompaña aos vimianceses e xalleiros o ano que vén na Liga da Costa, sen Lira ou Sofán B.

Máis novas

Comentarios