Martes. 18.06.2019
El tiempo

O Volantes non saca o pé do acelerador nin estando ascendido e goleou ao Cacheiras

O Volantes de Baño logrou unha ampla goleada na súa visita ao Cacheiras.
O Volantes de Baño logrou unha ampla goleada na súa visita ao Cacheiras.
O Volantes non saca o pé do acelerador nin estando ascendido e goleou ao Cacheiras

O Volantes de Baño xa é equipo de Primeira Galicia pero os homes de Sil seguen ao seu e queren rematar o ano da mellor maneira tal e como demostrou no penúltimo partido da fase de ascenso, goleando de novo ao Cacheiras.

SD Cacheiras 0 – 5 Volantes de Baño FC

SD Cacheiras: Álvaro, Alberto, Adrián Carabán, Luis (Charles m.62), Alejandro Vázquez, Víctor, Simón, Adrián Rodríguez, Abel, Alejandro Barcia (Gonzalo m.46) e Carlos.

Volantes de Baño FC: Marcos (Javira m.56), Tiko, Thiago (Yeray m.68), Pardelo, Santi (Juan do Sivil m.47), Godo, Pesco (Rapante m.56), Berto, Rachón, Jano, Álex Pri (Raúl m.56).

Goles: 0-1 m.9: Jano; 0-2 m.16: Pesco; 0-3 m.21: Rachón; 0-4 m.24: Thiago; 0-5 m.63: Rapante.

Despois de acadar o ascenso a pasada semana tralo empate do Cacheiras e o Villestro, o Volantes de Baño xa tiña o traballo feito pero as velutinas seguen en estado de graza tal e como demostraron no Municipal da Cañoteira, onde lograron unha nova goleada nun partido que quedou resolto nos primeiros vinte e catro minutos do encontro, xa que nese período, Jano, Pesco, Rachón e Thiago fixeron que o marcador reflexase un claro 0-4 a favor dos homes de Sil, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na segunda metade, a dinámica non cambiaría en exceso e o Volantes de Baño aínda aumentaría a súa vantaxe cun gol de Rapante para poñer o definitivo 0-5 no electrónico.

Agora, o Volantes de Baño tratará de poñer o broche final á tempada cun novo triunfo no Eleuterio Balayo diante da súa afección ante o Villestro.

Comentarios