Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Soneira, Outes e Cabana aproveitan os paróns

Ponteceso e Soneira Xuvenil-Foto-Brais Pose e David Antelo
Capis do Soneira e Ponteceso co colexiado Alberto Baña-Foto-Brais Pose e David Antelo
Xuvenís: Soneira, Outes e Cabana aproveitan os paróns
Pegaron un estirón Soneira, Outes e Cabana, aproveitando que Corme e Zas descansaban. O líder, Soneira, vencía comodamente ao Ponteceso; e saca un punto a un Outes que tivo que pelexar ata o final para superar aos Miúdos. Máis complicado o tivo aínda o Cabana ante o Sofán, no duelo máis importante da xornada pois deixa practicamente ao cadro de Nando sen opcións de meterse na pelexa.
 

Xallas - Coristanco (1-0)

  • Xallas: Fabi; Mou, Medo, Nando, Rabe; Fidi, García, Christian, Kevin; Vito e Brais. Tamén xogaron: Pablo, Espasandín, Fran, Álex e Vila.
  • Coristanco: Alex Bértoa, Canto, "Chema", Miguel, Cives, Fabián, Joel, Cambón, Adrián, Brais e Pipa. Tamén Álvarez, Nogareda, Camafreita, Antonio e Raúl Pose.
  • Gol: 1-0, m.35: Vito.

Dous equipos diferentes enfrontáronse na Rocheira, cun Xallas dominador e un Coristanco que se armou moi ben atrás e buscaba algunha contra. O cadro local tocaba e tocaba, e mesmo creaba bastantes ocasións, pero un espectacular Álex Bértoa as desbarataba todas. O Coristanco traballou incansablemente para tapar os ataques xalleiros e só Vito puido abrir a tea de araña coristanquesa. Non cambiou a idea na segunda metade e choque estivo aberto ata o final, pois o Xallas non acabou de sentenciar.

 

Ponteceso - Soneira (0-3)

  • Goles: 0-1, m.40: Jorge; 0-2, m.70: Fran Moreira; 0-3, m.89: Fran Moreira.

Ponteceso e Soneira xuvenis nas Redondas

Bo partido do Soneira fronte a un Ponteceso que non demostrou o seu potencial, e se viu superado polo líder. Así e todo os visitantes entraron algo relaxados e espertaron despois dun par de fogonazos dos pontecesáns, sobre todo un man a man de Iván. Subíu marchas aí o equipo de Pichón, facendo varias e claras ocasións, ata que Jorge abría o marcador rematando unha falta botada por Brais

Na segunda parte o Soneira empezaba a transitar moito máis rapido e cun bo xogo combinativo e Sergio tras unha boa xogada combinativa non acertaría no man a man, e volverían a ter numerosas ocasións para sentenciar ata que Fran Moreira mataría o encontro con dous bos tantos.

 

Outes - Os Miúdos (3-1)

  • Outes: Angel, Xavi, Jandro, Perol, Nico, Estefan, Sanchiño, Iván Capelo, Josiño, Fran Lires e Kevin. Tamén xogaron: Roberto, Siso, Aarón, Mariño e Rubén.
  • Os Miúdos: Alberto; Santi, Alonso, Diego, Vara; Ángel, Javi; Jesús, Álex, Isma e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.12: Kevin; 1-1, m.18: Ángel; 2-1, m.84: Siso; 3-1, m.90: Roberto.

Partido moi reñido, que se decantou nos últimos segundos con dous tantos dos locais. O choque comezaba con ocasións nas dúas áreas e así aos 20 minutos xa marcara un tanto cada equipo. O segundo treito da primeira metade foi de xogo no medio campo, sen apenas chegadas.

Na segunda, o Outes seguía dominando territorialmente, pero o cadro muradán, algo frouxo de efectivos polas baixas, se mantiña ben atrás pero ía perdendo forzas a medida que pasaban os minutos. Só contra o final os de Fernando conseguían abrir oco na tupida defensa dos de Mané Sendande, para marcar dous tantos nos últimos 5 minutos de partido e ficar con 3 que os manteñen na pelexa polo título.

 

Cabana - Sofán (4-2)

  • Cabana: Roberto (Manuel), Javi, Iago (Brais), Queiro, Dani, David, Pablo (Cristian), Raúl (Collazo), Castro, Simón (Samuel) e Rubén.
  • Sofán: Borja (Brais, m.66), Alex (Lucas, m.56), Adrián, Esteban, Simón, Diego (Cristian Lema, m.56), Raúl (Novi, m.66), Nachete (Pere, m.66), Rial, Kevin e Aarón.
  • Goles: 1-0, m.23: Rubén a pase de Roberto; 2-0, m.35: Pablo; 2-1, m.38: Nachete de penalti; 3-1, m.72: en propia; 4-1, m.84: Brais; 4-2, m.90: Rial.

Partindo tenso nas Redondas, cun Cabana que facía dano cos saques longos do meta Roberto, e un Sofán que buscaban aos puntas. A primeira parte foi moi igualada, e se o Sofán desaproveitaba un par de ocasións, o Cabana aproveitou un erro de Borja para facer o 1-0, por medio de Rubén. Pouco despois dunha xogada por banda farían o 2-0, por medio de Pablo. Apenas dous minutos despois un penalti inocente sobre Aarón era materializado por Nachete para deixar o 2-1 ao descanso.

Na segunda parte o Cabana continuaba co peso do partido e máis cando o Sofán quedaba con 10 por lesion de Lucas, aínda con medio tempo por diante. Ainda así Nando non dubidou en adiantar lineas e co equipo moi aberto recibiriamos o 3-1 nunha contra, por medio de Castro coa axuda dun defensa. Co 3-1 no marcador o árbitro anularialle o 3-2 a Rial por unha dubidosa man. E xusto nese saque de falta aproveitaba o Cabana para facer o 4-1. O Sofán marcaría o segundo pero de pouco valería.

 

Seaia - Cee (2-1)

  • Goles: 1-0, m.25: Luís; 1-1, m.44: Álex Castro; 2-1, m.80: Luís.

Partido moi igualado en Malpica, ao que chegaba Abraham co equipo en cadro. Aínda así competiron cun bo Seaia, que volveu facer un bo partido. Sen un dominador claro, o Seaia chegou algo máis á meta contraria, como un man a man de Luís, ou dous centros de Rubén que non atopan rematador. Por bando ceense Tomás e Chila tamén avisaban e mesmo pediron un posible penalti do meta local sobre Tomás. No ecuador do primeiro tempo chegaría o gol dos de Chols, aproveitando unha indecisión na saída do meta visitante tras un bo pase do meta local, Mario.
Pouco despois Pablo Oreiro salva o 2-0, e na última xogada antes do descanso empata o Cee… no cuarto rexeite.

Na segunda o Cee estivo algo mellor, pero nin Castro, nin Leo nin Tomás conseguiron superar a Mario. A mellor tíova o cadete Lojo pero foi de novo Luís o que facía o segundo para os de Chols, tras un roubo e pase de Cristian, xa no treito final do partido. Aínda tivo o Cee o empate, pero tras varios rexeites o balón pegou no pau.

O partido ficou marcado pola lesión do xogador ceense Pablo Rey, que tivo que ser desprazado en ambulancia por desprazamento de rótula.

 

Esteirana - Camariñas (14-1)

  • Esteirana: Tajes, Rodri, Priegue, Antón, Carlos, Juan, Javi, Óscar, Núñez, Rubio, e Álvaro. Tamérn: Manel, Iván e Martín do Camarón.
  • Camariñas: Joel, Eric, David, Lucas, Dylan, Thiam, Jairo, Fabio, Joel, Borja e Sergio. Tamén: Isra.
  • Goles: Álvaro (5), Rubio (4), Priegue (2), Juan (2) e Antón, para a Esteirana; Lucas para a Esteirana.

Aguantou o Camariñas media hora, mesmo conseguindo empatar o gol inicial dos de Gustavo. Pero 3 goles no último cuarto de hora fixeron renderse a un Camariñas que continúa con problemas de efectivos.

 

Todas as crónicas de Xuvenís

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios