Zas e Zas
09:13 17/06/16
Dúas das tres frontes da fin de semana están protagonizadas por un Sporting que podería acadar o ascenso a Primeira Autonómica
San Andrés vivirá unha completa fin de semana
San Andrés de Zas é a capital informativa do fútbol da Costa da Morte esta fin de semana, e tamén o santo ao que lle está a poñer velas o Porteño, pola conta que lle trae. Dous dos tres encontros da fin de semana están protagonizados polos de Víctor Pazos, que sen embargo teñen un moi claro ranking de prioridades.
Co ollo na Gala do Fútbol da Costa, e case como quecemento, mañá reciben ao Soneira, cunha desvantaxe de tres goles herdada do partido de Vimianzo, e cunha sensación de que calquera esforzo excesivo sería unha sorte de suicidio deportivo. Na xornada de descanso da liguilla, e con case tódolos homes dispoñibles, o campión de Primeira Autonómica deu a sensación de intratable. O día grande será o domingo, coa visita ao Bastavales. Un triunfo fai ao Zas de Primeira. Un empate deixalle a un punto, e unha derrota deixaría aos santiagueses case ascendidos. A imaxe do choque en San Andrés deixara un rival duro, aguerrido e que acabara por perder os papeis. Haberá desembarco masivo zascense.
A terceira fronte da fin de semana será na Picota, en Pino do Val, onde o Mazaricos busca a sorpresa da Copa ante o Xallas. 1-2 na Fontenla, con tanto milagreiro de Doro no último suspiro. Haberá tensión veciñal, típica dun derbi, e de seguro cunha cesión total de iniciativa por parte amarela.
Finais das Copas Base
En Zas tamén se disputarán as finais das Copas da Costa Cadete e Infantil que analizamos en profundidade onte.
Ademais os Veteranos arrincan as Semis da Copa tras uns Cuartos apretadísimos.
Estade atentos ás redes sociais e á Plataforma www.copadacosta.com porque poremos os resultados en tempo real.
CopadaCosta, Volta das Semis
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5
Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil, ida da eliminatoria defintiva
Copa da Costa Cadete, Final
CopadaCosta Infantil, Final
CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Semis
A Gala do Fútbol da Costa
- Os 100 Candidatos aos Mellores do Fútbol da Costa 2015/2016.
- Álex Pombo e Abdoulaye protagonizarán os momentos emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Todo en marcha para a Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Mazaricos acollerá a III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8.
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected])