Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As LCFs xa teñen intensos finalistas

As LCFs xa teñen intensos finalistas

Esta pasada fin de semana o pavillón de Cee acolllía ás semifinais da XV Liga Comarcal de Fútbol Sala “Costa da Morte”. Uns encontros nos que a intensidade foi tremenda, pero que nunca debemos esquecer, como sinalan dende o clube organizador, que "o importante que é ser humildes na vitoria e dignos na derrota", tanto nos xogadores coma nos pais, que seguimos falando de cometicións de formación.

As Escolas de Corcubión e as de Carnota protagonizarán a final alevín, tras vencer a Dumbría e Vimianzo, respectivamente. Mentres que en benxamís, Fisterra B e Cee vencían con claridade a Vimianzo e os camariñáns das Baleas.

Así, xa queda configurada a Xornada Final, que se celebrará en Corcubión, na que primeiro se xogarán as finais de consolación (3º - 4º posto) en categoría benxamín e alevín e posteriormente as finais en categoría benxamín, alevín e infantil. Haberá trofeo para os 4 equipos participantes en cada categoría (agás en infantil que solo ai dous equipos) polo que todos deberán esperar a que se remate a competición para recoller o seu premio.

Ademais, os vecendores en cada unha das categorías clasificaranse para xogar a Fase Intercomarcal cos vencedores da zona de Noia.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Clube Deportivo Costa da Morte, da man de Víctor Santos.

Comentarios