Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: A Copa disfrutase en Carballo

Liga FS Carballo: A Copa disfrutase en Carballo
Grandes sorpresas nos deparou esta primeira rolda da Copa Hotel Restaurante Punta del Este do fútbol sala de Carballo. O Dolce&Café-A Nosa Horta e o Interfutsal-Deportes San Remo sorprenderon ao Alicatados Señarís (3 – 5) e ao Peluquería Este-Oeste (2 – 5), respectivamente. O Asesoría Suárez pasaría de ronda tras vencer nos penaltis ao Cervecería O Pazo logo de que ambos equipos ofreceran un bonito encontro que remataría co resultado de empate a tres goles. O Brasería Caracola tamén sería un dos equipos que se clasificaría para oitavos de final desta copa Hotel Restaurante Punta del Este tras vencer ao Talleres Sousa-Rte Seiruga por un axustado 5 a 4. Mentras que o Construccións Brandón non sufriría ante o Don Ordenador SAT Xulián e acabaría gañando o encontro por un claro 6 a 3, ao igual que o Cervecería Troula que se clasificaría para a seguinte ronda sen xogar ante a incomparecencia do Mar de Menta. Crónica da semana: Peluquería Este-Oeste 2 – 5 Interfutsal-Deportes San Remo Peluquería Este-Oeste: Juan, José Ramón, Gonzalo, Michael e Benítez. Tamén xogaron: Djalma e Fariña. Interfutsal-Deportes San Remo: Rubén Gómez, Manuel, Rubén, Javi Martínez e Míchel. Tamén xogaron: Jorge, Fernando, Diego e Juan. Árbitros: Pablo e Luis (pista) e Juan (mesa). Expulsaron a Fran Fariña con cartón azul por unha agresión a un contrario, ademáis de insultar aos colexiados logo desta acción. Goles: 0-1 m.4: Transición rápida do Deportes San Remo que finaliza Javi Martínez. 0-2 m.6: Contragolpe do conxunto visitante que culmina Javi Martínez. 0-3 m.9: Fernando marca en liña de gol tras o pase da norte de Javi Martínez. 0-4 m.14: Saque de esquina botado por Javi Martínez que remata Míchel libre de marca. 0-5 m.17: Roubo en mediocampo de Javi Martínez que cede para Juan que resolve cun lanzamento cruzado. 1-5 m.19: Fran Fariña transforma unha pena máxima. 2-5 m.35: Xogada combinativa do Peluquería Este-Oeste que finaliza Benítez en liña de gol. Partido que quedou sentenciado na primeira metade polo equipo laranxa que soupo defender ante un equipo que demostrou non ter as ideas claras. Na primeira metade, o Peluquería Este-Oeste dominou a posesión pero ese dominio non se convertiu en claras ocasións de gol nin en goles, mentras que o Deportes San Remo soupo aproveitar as súas oportunidades, saíndo sempre con transicións rápidas con Javi Martínez, o protagonista do partido, como director de orquestra. Aos dez minutos, os visitantes xa vencerían por 0 a 3 logo dun doblete de Javi Martínez, en dous contragolpes, e de Fernando, a pase do primeiro. Antes do descanso o Interfutsal-Deportes San Remo faría dous goles máis tras dúas asistencias do protagonista do encontro para que Míchel e Juan fixeran o cuarto e o quinto, respectivamente. Recortaría distancias Fran Fariña tras transformar unha pena máxima antes de que finalizara a primeira metade. Á volta de lecer, os locais intentarían romper a forte defensa dos laranxas con lanzamentos lonxanos pero que Rubén solventou con boas intervencións. No minuto trinta, chegaría a nota negativa do encontro tras unha agresión de Fran Fariña a Jorge que sería castigada co cartón azul e logo desto o xogador vermello insultou aos tres colexiados, feito que será sancionado severamente. A pesar da expulsión, o Peluquería Este-Oeste recortaría distanzas no instantáneo por medio de Benítez logo dunha gran xogada combinativa pero xa sería demasiado tarde para reaccionar. Victoria con moito esforzo do Interfutsal-Deportes San Remo que foi quen de vencer e eliminar a un equipo superior sobre o papel pero que non o demostrou sobre a pista. Chega o parón navideño ao fútbol sala en Carballo que se reanudará o luns 20 de xaneiro coa volta da competición ligueira.

Comentarios