O Manuela Rial logra o bronce no Campionato Galego de voleibol infantil e dous xogadores volven coa Selección


Doble boa nova no seo do volei costeiro, e triple contando co ascenso colleitado polas xuvenís do Volei Dumbría esta fin de semana. I é que os infantís do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee subiron ao podio no Campionato Galego de voleibol infantil, disputado o pasado sábado no Pavillón Paco Paz de Ourense. Con este resultado o Manuela Rial dá por finalizada a tempada, repetindo o bronce logrado o ano pasado en Vigo.
A nova complétase coa nova convocatoria de Juan Carballo (o número 7 na foto) e Javier Domínguez (o número 10) para unha concentración coa selección galega infantil. Os dous xogadores acodirán os vindeiros 18, 19 e 20 de abril a Lugo, para compartir vestiario e habitacións con xogadores do C.V. Ourense, C.V. Vigo, Emeve, Calasancias, Boiro, Bruxas e Bertamiráns.
Campionato Galego
Na semifinal ante o Calasancias da Coruña, os ceenses perderon por 1-3 con parciais de (14-25, 25-17, 19-25, 19-25). O partido estivo marcado pola gran defensa dos herculinos que chegou a desmoralizar ao ataque dos ceenses, baseado fundamentalemente nas súas dúas centrais. Nos sets finais o encontro estivo marcado polo nerviosismo do noso equipo formado na súa maioría por xogadores de primeiro ano e por algunhas decisións arbitrais totalmente incomprensibles, cando encarabamos o final dos sets co resultado a favor. A isto hai que engadir dúas lesións no cuarto set, a dun receptor e a do colocador, tendo que cambiar totalmente a distribución do equipo.
Na loita polo bronce, os xogadores de Luís Alberto Fernández enfrontáronse ao potente Emevé de Lugo. O resutado final foi dun contundente 3-0 con parciais de (25-13, 25-21 e 25-17)'. Os xogadores do Manuela Rial basearon o seu xogo no seu saque que impedía atacar aos lucenses debido a unha defectuosa recepción e que nos permitía contatacar sen ningún esforzo. O partido tivo pouca historia e os ceenses aproveitaron para dar minutos a todos os seus xogadores, sobre todo aos de primeiro ano para que cojiesen experiencia de face á próxima tempada.
Novas relacionadas
- Os infantis do Manuela Rial buscarán en Ourense proclamarse campións galegos de volei.
- As xuvenís do Dumbría ascenden á Liga Galega e as cadetes manteñen a categoría.
- O equipo xuvenil femenino do Volei Dumbría encarrila o seu ascenso á Liga Galega.
- Os equipos de maiores do volei costeiro rematan unha boa campaña.
- As xuvenís do Volei Dumbría novas campionas provinciais.
- Vitorias e derrotas clarificadoras para o volei costeiro.
- Dous xogadores do Manuela Rial repiten na Selección Galega de Volei.
- Xornada exitosa para o volei Costeiro.
- 14-12-10: 4 xogadores do Manuela Rial á selección provincial de volei.
- 13-04-2010: 3 rapaces do Manuela Rial disputaron o Campionato de España de Volei.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.