Venres. 10.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ábrese unha fenda por abaixo

2ª Autonómica: Ábrese unha fenda por abaixo
Jacobo enfrontábase aos seus ex do Cee en Lombáns-Foto- Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

O temporal Gong só obrigou a suspender un choque, o derbi carballés entre Sofán e San Lorenzo, unha vez que a tarde dominical o tempo xa estaba algo máis calmado. Pero o Carral, nin as Eiroas, estaban en condicións de acoller o choque.

Unha xornada, esta a 19ª, que deixa á Esteirana máis líder. Xa que malia manter os 6 puntos sobre Cee e Baio, os de Marcelo superaron un gran equipo, todo un Zas, que coa derrota descólgase do grupo que loitará polo ascenso. Cee e Baio non deixan escapar ao líder e parece que son os escollidos, co permiso da SD e do Corme, a loitar polo ascenso. Ceenses e baieses tamén sacaron adiante duros partidos fóra de casa, en Lombáns ante o Carnota, e na tocada Pedra do Ouro de Mazaricos. Por detrás, o Corme quere subirse ao carro e superaba, con máis dificultado do que indica o marcador, ao pechacancelas.

Precisamente por abaixo parece que se abre defintivamente unhra brecha entre os 5 de abaixo e o segundo grupo. O Dumbría B segue moi abaixo, con só 6 puntos, mentres que Outes, Montelouro, Cabana e Mazaricos están en tan só 4 puntos. O Outes sufría unha dura derrota no último segundo ante o Corcubión; o Montelouro sumaba a súa 11ª derrota consecutiva no derbi ante o Muros; e o Cabana deixaba escapar un punto ante o Volantes. Así, Castriz, que superaba ao Buño con comidade, San Lorenzo, Corcubión, Muros e Volantes, forman un segundo grupo, pero tampouco se poden despistar.

Mazaricos - Baio (0-2)

Mazaricos-Baio-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Daniel, Rodri, Martín (Ricadro, min.46), Chico, Esteban Pereiro, Ramón, Marcos (Aldo, min.60), Estéfano (Cristian, min.46), Brais, Molinos (José Ángel Xuv., min.75), José Ángel.
  • BAIO: Anxo, Mario, Chema, Fredi, Pablo (Alberto, min.50), José Antonio, Norberto, Eloy de Malpica (Cristian, min.80), Rubio (Eloy, min.60), Martín (Jorge, min.77), MC.
  • Goles: 0-1, min.25: en propia meta tras un córner; 0-2, min.55: Rubio tras tocar nun defensa tras unha xogada de MC.
O campo do Mazaricos sufriu consecuencias do Gong-Foto- Fb do Mazaricos

Sáelle todo a este Baio, encantado co traballo de Félix, o novo adestrador arteixán que con tan só 28 anos ten á familia baiesa ilusionada e en forma. I é que as cousas están saindo ben. Onte, na Pedra do Ouro, moi tocado tralo paso do temporal Gong e con medio teito das bancadas arrincado, o Baio sacou 3 puntos precisamente de ouro, tras un choque moi igualado.

O cadro baiés saíu algo mellor, cun equipo ben prantado atrás, con 5 defensas e buscando ás contras cono Martín e MC como claras referencias. Un gol en propia meta tras un córner adiantaba aos baieses no ecuador da primeira, e Molinos tivo unha para empatar antes do descanso.

A segunda comezaba co Baio contemporizando, e ampliaba a renda por medio de Rubio, con algo de fortuna. Nos últimos 20 minutos o Mazaricos volcouse arriba e o Baio tivo que gardala roupa. José Angel, Aldo e Cristian puideron recurtar pero o marcador quedou 0-2.


Castriz - Buño (2-0)

  • CASTRIZ: Toño, David Pose, Bruno, Alejandro, Prego, Rubén (Martín, min.70), David Agra (Javito, min.25), Mata (Anxo, min.85), Luis, Pepe, Roberto (Sebas, min.70).
  • BUÑO: Brais, Eloy, Secundino, Alfredo, Diego, Jorge Calvetee, Emilio, Elías, Mauri, Víctor, Dani Calvete.
  • Goles: 1-0, min.30: Pepe, de penalti; 2-0, min.80: Sebas.

Xusta vitoria dos rossoneros ante un Buño que non entrou no partido en ningún momento. Os xalleiros amosaron a súa boa cara e venceron con comodidade. Un penalti, tan tonto como claro, permitiu a Pepe adiantar aos locais á media hora.

A segunda foi algo máis sosa. A sentenza tardou en chegar ata o desconto, co Buño volcado buscando un empate que tampouco tivo moi preto.


Zas - Esteirana (0-1)

Zas-Esteirana-Foto- Liga da Costa
  • ZAS: Elías, Martín, Pereiro (Pastor, min.81), Óliver, Víctor Vecino, Lagoa (Pablo, min.76), Peke, Rubio, Jaime, Diego, Pichín.
  • ESTEIRANA: Beni, Simón, Maceiras, Dani Rama, Chispi, Pepiño, Pablo Serrano, Adelino, Kike, Álex, Suizo.
  • Goles: 0-1, min.60: Simón.

Tremendamente eficaz está o líder. Cunha defensa espectacularmente sólida e unhas armas arriba que meten medo, a Esteirana superaba unha gran pedra de toque, un Zas que está a ser a gran revelación da temporada, pero que queda a 10 puntos dos postos de ascenso.

O Zas tivo máis o balón pero o cadro visitante soubo aguantar o seu momento. As internadas polas bandas foron claves e nunha desas, o lateral Simón entraba pola esquerda e sacaba un zurdazo que vale 3 puntos importantísimos.

Zas-Esteirana-Foto- Liga da Costa

Corme - Dumbría B (4-1)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martinciño (Manu, min.64), Diego, Adrián Doldán (Juanma, min.77), Juan Chans, Lucas, Brais (Chino, min.85)
  • DUMBRÍA B: Fher, Fresa, Adrián Alcaina, Jesús (Fernando, min.65), Cabana (Dudo, min.46), Pereira, Riki (Maikel, min.70), Martín, Rodri, Rivas (Kevin, min.68), Josiño.
  • Goles: 1-0, min.25: Juan Chans tras un rexeite de Fher; 1-1, min.40: Pandi en propia meta; 2-1, min.75: Juan Chans; 3-1, min.85: Manu; 4-1, min.89: Juan Chans.

Non mereceu tal derrota o filial dumbriés ante un Corme que rompeu o partido nos últimos 15 minutos. I é que durante máis de unha hora o Dumbría B aguantou as embestidas locais. Juan Chans, o gran protagonista da tarde, adiantaba aos azulóns, pero a falta de 5 minutos para o descanso facíase xustiza cun gol en propia de Pandi á saída dun córner.

A segunda volvía ser un choque con alternativas. O Corme, que cada vez vai recuperando o seu xogo, tardou en romper o partido, e foi de novo Juan Chans o que asinou o segundo tanto cando faltaban 15 minutos. Aí desapareceu o filial e Manu e o propio Juan Chans completaron unha goleada excesiva.


Carnota - Cee (0-2)

Carnota-Cee-Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo Chouza, David de Brea, Tono da Caixa, Pedro, Jacobo, Andrés (Beni, min.68), Lolo (Nakata, min.46), Pumuky (Martín, min.80), Pablo Beiro, Manuel Luis (Boni, min.60).
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Fiuza, Rafa, Berto, Leis (Joserra, min.88), Diego, Yayá (Mario, min.81), Llanero, Víctor (Uri, min.87).
  • Goles: 0-1, min.30: Llanero; 0-2, min.37: Jorgito.

Importante vitoria ceense nun dos feudos máis difíciles da categoría, pero onde o Cee, a base de oficio, foi o xusto vencedor. Os primeiro minutos foron de tenteo entre os dous equipos. Os primeiros tiros chegaron por parte local, que botaban en falta aos Casti e Joselu. Unha falta desviada de Manolo Chouza e un tiro afastado de Pumuky avisaban de que o Carnota non saía a regalar o partido. Co paso dos minutos o Cee fíxose co control e chegaron as súas primeiras ocasións. Yayá aprovéitase dun rebote falla o seu man a man con Luís; Llanero proba cunha vaselina que sae desviada; Berto manda un cabezazo que sae por encima do larguero e Diego fai lucirse ao meta nunha falta unha falta.

O gol chegou á media hora, tras un centro de Víctor que Llanero controla dentro da área e supera a Luís. Sete 30 despois o Cee deixaba prácticamente sentenciado o partido, cun auténtico golazo de Jorgito que engancha un balón a trinta metros e supera a Luís ao facerlle un estraño.

Na segunda parte en Cee dedicouse a controlar o partido e o encontro baixou o ritmo. O Carnota intentábao pero a seriedade defensiva do Cee facíao moi difícil. A máis clara para os de Cambeiro chegaba por medio do ceense Jacobo, moi contento en Carnota, e xa convertido en dianteiro, pero o seu man a man o desvía Parroto a córner. Ademais, para o Cee, Yayán remataba ao longueiro un centro de Llanero.

Víctor pide o balón no Carnota-Cee-Foto- Jorge Parri

Volantes - Cabana (3-2)

Volantes-Cabana-Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Santi, Javi de Baño, Adrián, Mingos, Nacho (Ivi, min.60), Pardelo (Fran do Español, min.74), Chenel, David.
  • CABANA: Añón, Eloy, Iván, Marcos, Ismael (Adrián, min.60), Sandro, Dani, Rubén Rama, Moreno (Adao, min.72), Iván Mato, Berti (Manolo do Cruceiro, min.77).
  • Goles: 1-0, min.55: Chenel; 2-0, min.60: Chenel; 2-1, min.75: Sandro; 2-2, min.80: Sandro; 3-2, min.90: Benja.

Partidazo en Miraflores que non se decidía ata o minuto 90. E para o cadro local tras un bo partido do Cabana. O cadro visitante aguantou contra vento a primeira metade, nun partido moi competido. Os locais buscaban as xogadas de estratexia pero non conseguiron romper a igualada ata a segunda metade. Un par de balóns longos sorprendían á defensa cabanesa e Chenel facía valer a súa velocidade para meter vantaxe no marcador aproveitando dous mans a mans ante Añón. O Cabana non se rendiron e Sandro botouse o equipo ás costas e conseguía empatar cando só quedaban 10 para o final.

O Cabana, coa inercia do empate, seguía buscando a vitoria, unha vitoria que o podería alonxar lixeiramente da zona de perigo. Pero o Volantes recuperaba os folgos e nos últimso 5 minutos volcouse sobre a meta de Añón. Foi Benja o que facía o defintivo 3-2 para delirio da afección laranxa, dando 3 puntos a un Volante que dá un salto importantísimo na táboa.

Imaxe do segundo gol do Cabana en Miraflores- Foto- QUin Muros

Outes - Corcubión (3-4)

  • OUTES: Víctor, Damián (Martín Lago, min.60), Borja, Arturo, Chúa, Poke, Mario (Miki, min.46), Quin, Deivi, Pesco (Lass, min.46), Miki.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Senra, Lema, Johny (Marcos, min.70), Lourido (Edu, min.60), Pablo Lestón, Sebas, David de Muxía, Cristian, Mario (Javi, min.74).
  • Goles: 1-0, min.10: Deivi; 2-0, min.30: Arturo de fermosa falta directa; 2-1, min.43: Lema; 2-2, min.60: Cristian; 2-3, min.65: Sebas; 3-3, min.80: Quin; 3-4, min.94: David de Muxía tras unha gran internada de Lema pola banda.

Tremenda a remontada do Corcubión que dá aos de Manolín un respiro importante. O Outes foi mellor nos primeiros 45 minutos, e Deivi e Arturo abrían o marcador. O gol de Lema, onte clave para os corcubioneses, ao fío do descanso, foi fundamental para que os visitantes saísen a por todas dos vestiarios.

E así foi, en 5 minutos Cristian conseguía o empate e Sebas metía por diante os branquiazuis. Pero o Outes non se rendía e Quin empataba de novo o partido. Xa con choque vencido, e con 4 sobre o desconto, Lema collía o balón no medio campo, escapábase de todos os que se achegaban pegado á liña de cal e cedía para que David de Muxía asinase o gol da vitoria a porta baleira.


Montelouro - Muros (0-3)

Montelouro-Muros-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Monte Louro: Isma, Pablo, Álvaro, César, Bolo, Chema, Denís, Isma de Cosme, Pepiño, Raúl, Pesco.
  • MUROS: Fabio, Teo, Mayuyo, David, Pedro de Paky, Lisardo, Gelo, Saúl (Juanchi, min.63), Sexo (Kulo, min.80) Pulpo (Jesús, min.46), Manu Dosil (Ramón, min.70).
  • Goles: 0-1, min.5: Manu Dosil tras unha acción entre Sexo e Mayuyo; 0-2, min.75: Jesús de tiro lonxano; 0-3, min.85: Sexo á contra.

Nin o derbi na Agra da Filgueira conseguiu espertar a este Montelouro que leva 11 derrotas consecutivas. Os loureáns viron como xa aos 5 minutos o Muros se colocaba por diante por medio de Manu Dosil. O Muros aguantou unha hora ata a sentenza, que chegaba faltando 15minutos e tras un bo tiro de Jesús. Sexo puxo o broche á contra.

Montelouro-Muros-Foto- Edu Olveira

Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios