Martes. 16.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas quedan sós na loita polo título

2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas quedan sós na loita polo título
10 puntos son xa os que separan ao Camariñas do grupo perseguidor. I é que as derrotas do Club do Mar e do Muros, precisamente ante o líder Ponteceso, deixan aos de Manolín e Berto man a man na loita polo título e pola segunda praza de promoción. 3 puntos son os que separan a ambos equipos. Por abaixo a xornada non deixou nada claro. As derrotas dos pechacancelas déixanos un pouco máis descendidos a Carnota e Vimianzo. Os empates en O Pindo e Buño e entre Porteño e Baio manteñen esa incertidume na loita por evitar esa terceira praza que suporá o descenso polo arrastre do Zas. O que escapou lixeramente esta xornada foi o Corme, que venceu a un San Lorenzo capaz do mellor e do pero.

Porteño - Baio (1-1)

  • Porteño: Asiel, Manuel, Roi (Piti, min.80), Martín, Rubén, Quilmes, Brais, Ismael, Sestayo (Astu, min.70), Iago (Wii, min.85), Varela (Oscar, min.75).
  • Baio: Manuel, Matías, Mario, Ramón, Eloy, Martín, Pirucho, Fachal (Bieito, min.60), Alberto, MC, Canai (Jorge, min.65).
  • Gol: 0-1, min.10: Martín; 1-1, min.35: Brais.
200 persoas no Hermanas Patiño para ver un partido bastante soso e con pouco fútbol, pero con sabor de fútbol da Costa. Marcou o Baio, por medio do veteranos Martín, ao principio. Seguiu o Baio mellor colocado durante os primeiros 45 minutos, pero foi Brais, que onte fixo un partidazo, o que acadou o empate a 10 minutos para o descanso. A segunda metade foi de cor local, pero sen ocasións claras. Si que houbo chegadas por parte de ambos bandos pero ningunha foi merecedora do tanto. Un empate xusto que non mellora a situación de ambos conxuntos. O Porteño segue en posto de descenso (arrastrado polo Zas) mentres que o Baio é o equipo con máis empates da liga pero leva unha segunda volta bastante frouxa.

Carnota - Camariñas (0-2)

  • Carnota: Peipo, David Brea (Urko, min.60)), Adrián, Nico Capi, Tono da Caixa, Miguel Beiro, Manuel Luís, Nico Alvarado, Andrés Fandiño (Manolo Chouza, min.75), Andrés Pato, Oli (Deme, min.65).
  • Camariñas: Pombo, Pesqui, Breo, Antelo, Ogando, Nico, Moriño, Brais (Diango, min.90), David (Alejandro, min.75), Javi (Mané, min.55), Adrián (Gabriel, min.70).
  • Goles: 0-1, min.5: Brais nunha contra pola esquerda por David; 0-2, min.90: Alejandro aproveita un rexeite de Peipo a tiro de Gabriel.
  • Expulsión: o visitante Pesqui e o local David Brea.
Non sentenciou o Camariñas ata o minuto 90 e tivo que sufrir para vencer en Lombáns. A primeira foi parte boa por parte do Camariñas, que controlou a pesar das baixas. Na segunda máis igualado cun Carnota que empurrou máis indo arriba sen nada que perder, e deixando sempre medo no corpo do míster visitante. Non sentenciou o Camariñas ata o minuto 90 e de feito Pombo tivo que empregarse a fondo e fixo un paradón a unha falta de Nico Alvarado que ata tocou o poste. Ademais, os de Nito, que continúan "con moita ilusión malia que os resltados non acompañan polo de agora", pediron 2 penaltis co 0-1 no marcador. Hai que apuntar a boa iniciativa da directiva do Carnota, xa que todo o recaudado no ecnontro de onte, vai para a excursión de fin de curso dos rapaces de eso do colexio Lamas de Castelo de Carnota.

Club do Mar - Castriz (1-2)

  • Club do Mar: Borja, Pablo Corral (Chori, min.46), Luis, Juan Lareo, Fran Borrazás, Alberto Carro, Alberto, Mariano (Isaac, min.82), Repi, Manu, Piñeiro.
  • Castriz: Diego, Chinda, Álex, Toniño, Sergio Pose, Alberto, Mauri (Bruno, min.85), Dani (Rubén, min.53), Cilindro, Suso (Ovidio, min.70) y Sebas (Martín Ríos, min.80).
  • Goles: 0-1, min.40: Sebas; 0-2, min.44: Sebas; 1-2, min.65: Piñeiro, de penalti.
Cuarta xornada sen gañar do equipo caionés. O Castriz de Huelvis foi moi forte na primeira metade, na que o segundo gol de Sebas ao borde do descanso foi clave para que o encontro se decantase de lado visitante. Na segunda, os visitantes aguantaron as numerosas embestidas do equipo caionés que espoleado polo público a piques estivo de empatar.

Muros - Ponteceso (0-3)

  • Muros: Lupi (Iago min.85), Gael, Iván (Dani min.70), David (Martín min.70), Mayu, Varito, Manu (Óscar min.60), Miguel, Toni, Bibi (Gelo min.60), Sexo.
  • Ponteceso: Norberto, Mario (Charro, min.55), Fabián, David, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Carlos Mato, Alfredo (Tucho, min.46), Bolón (Lelo, min.65), Toniño (Puente, min.75), Luisete.
  • Goles: 0-1, min.1: Toniño; 0-2, min.39: Toniño; 0-3, min.45+3: Toniño.
  • Expulsión: Miguel Riveiro (min.80).
  • Lesións: Mario e Alfredo por bando pontecesán.
Con moita espectación agardábase unha das saídas máis complicadas que lle quedan ao Ponteceso. E chegaba a Miraflores recibido cunha sonora pitada e con incómodos berros ao presidente Mato, que tivo que aguantar numerosas alusións. O encontro en si foi bronco e duro, con entradas fortes por ambas bandas xomo unha de MIguel Riveiro, que quedou en amarela e outra de Dani Pallas que tamén deubeu ser vermella directa. Controlou o Ponteceso na primeira parte, sobre todo, con 20 minutos arrolladores. Toniño foi clave, i é que ademais de marcar 3 goles, estes chegaron en momentos clave. O terceiro chegou tras estar 5 minutos parado o partido xa que un choque do meta pontecesán, deixouno mareado e tivo que reposar. Toniño marcou logo de que Pombo fixera un auténtico paradón a unha falta muradá, polo que do 1-2 pasouse a un 0-3 definitivo. O descanso foi tenso e os berros a Mato fixeron que o colexiado pedise a chegada da Garda Civil. Ao final, tras media hora de espera, non foi necesaria a súa presencia para continuar coa segunda metade.

Corme - San Lorenzo (3-1)

  • Corme: Susiño, Adolfo, Abel, Pipo, Cordobés, Martinciño, Martín (Joshua, min.34), Lente, Alejo, Lucas e Darío (Adrián, min.80).
  • San Lorenzo: Sergio, Quillo (Adrián, min.45), Puñal, Casillero (Eloy, min.85), Iván Rey, Alejandro, Cachizo, Fuentefría (Marcos Cancela, min.68), Javi Pensado (Jorge, min.65), Carliños e Alexandre.
  • Goles: 0-1, min. 20: Alexandre;1-1, min. 30: Alejo; 2-1, min. 43: Alejo; 3-1, min. 70: Martín.
  • Expulsión: Alejo (min.80).
Conseguiu superar as numerosas baixas e a mala racha o Corme nun encontro no que o balón foi visitante pero os goles foron dos locais. O Corme, tan só con Lucas e Alejo, fixo moitísimo dano na defensa do equipo de Verdillo, que comezou marcando pero no que dous fallos defensivos botaron por terra o bo inicio. Na segunda foron moitas as ocasións marradas polos de Óscar, que puideron empatar por medio de Alexandre en dúas ocasións, por medio de Casillero, ou de de Javi, que lanzou dous tiros dende fóra da área que saíron lambendo o pao. O perigo constante dos visitantes non se traduciu en goles, pero as contras dos temibles dianteiros cormeláns si fixeron dano.

Dumbría B - Esteirana (2-0)

  • Dumbría B: Anxo, José Carreira, Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Fernando (Carlos, min.85), Jesús, Ramiro (Cano, min.75), Ivanete (Pablo Lestón, min.46), Miguel Poyo, Pablo Muíño. (Pablo Casais, min.80)
  • Esteirana: Ramón, Dani Rama, Suizo (Bruno, min.75), José Varela, Maxi (Roi, min.75), Andel (Cajulo min.60), Adrián (Iago, min.60), Pepiño, Roberto Pladur, Alex, Adelino.
  • Goles: 1-0, min.60: Pablo Muíño; 2-0, min.70: Pablo Muíño.
Perdoou a Esteirana na primeira e pagounos na segunda. Ata 4 boas ocasións tiveron os muradáns, pero nin Adelino en dúas ocasións, nin Álex que mandou unha ao pao e outra fóra, foron quen de poñer por diante aos seus. E na segunda reaccionaron os de Ferrío, que dominaron o balón creando ocasións. Foi o de sempre, Pablo Muíño, o que fixo dous tantos que valen tranquilidade para o resto da liga, pois parece que os dumbrieses xa están case que salvados.

Vimianzo - Fisterra (2-3)

  • Vimianzo: Sergio, Camilo, Amarelle Riveiro, Iván de Treos, Martín, Arán, Lagoa (Dieguito, min.77), Maikol, Pose (Manacas, min.65) e Sergio Vilaseco (Pablo, min.55)
  • Fisterra: Joselu, Roberto (Juan, min.60), Luisiño, Senra, Piti, Nico, Tati (Bruno, min.70), Roa (C. Hidalgo, min.75), Roco, Guardiola, Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.10: Sergio Vilaseco; 2-0, min.18: Sergio Vilaseco; 1-2, min.65: Manoliño; 2-2, min.70: Riveiro en propia porta; 2-3, min.73: Roa.
Non anda a fortuna por Vimianzo e pese a poñerse cun 2-0 ao seu favor, os locais non souberon administrar a renta e acabaron perdendo e seguen afundidos no máis profundo da clasificación e cada xornada que pasa con menos opcións de salvación. A primeira metade foi moi igualada, pero os de Vimianzo estiveron moi efectivos, Sergio de Vilaseco estivo listo e aproveitouse en dúas xogadas a balón parado para marcar os goles locais. Os visitantes tentaron reaccionar, pero Roa non soubo materializar un man a man con Sergio, o seu disparo foise alto. Na segunda metade co paso dos minutos os fisterráns foron volcándose máis sobre a porta local e primeiro Manoliño cun vaselina a Sergio e logo Riveiro en propia meta tras un córner déronlle a igualada ao equipo adestrado por Nico que conseguía a primeira vitoria como adestrador-xogador trala marcha de Manolo Santos. Acto seguido Roa xa marcou o terceiro ao definir ben no man a man con Sergio. Os locais tentaron a igualada, sobre todo con chegadas a balón parado, pero con ataques febles que non crearon moi perigo na meta defendida por Joselu.

Buño - O Pindo (1-1)

  • Buño: Añón, Pancho, Lolo, José, Ángel, Juan (Elías, min.65), Jorge, Fran Martuxa (Emilio, min.80), Dourado (Berti, min.70), Rubén (Fernando, min.71), Víctor.
  • O Pindo: Garrido, Jose Expréss (Mateo, min.80), César, Piquero, Julián, Diego León (Edu, min.46), Rivas, Aitor, Juan de Dios, Víctor (Hugo, min.46), Pulpo (Fran, min.46).
  • Goles: 1-0, min.1: Dourado; 1-1, min.88: Juan de Dios.
Marcou o Buño no minuto 1, e tivo moito que remar o equipo de Sil. A balón parado intenrárono os locais en numerosas ocasións, e o Buñ facía lago de dano á contra. Rubén e Víctor puideron sentenciar sós diante do porteiro pero Garrido estivo máis fino. Por banda local protestaron unha posible expulsión tras unha entrada cando marchaba Juan de Dios contra o porteiro que quedou en amarela cando aínda corría o min.10. Na segunda metade apretou máis O Pindo sobre todo con balóns aéreos, pero o empate non chegaría ata o minuto 88, cando Juan de Diso puña as tablas no marcador. Empate que mantén a igualdade entre ambos equipos na táboa, na que o Buño avantaxa en 1 punto aos carnotáns.

Sofán - Malpica (2-0)

  • Sofán: Álex; Roberto Souto, Juan Rabuñal, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Adrián (Miniño, min.79), Pizo, Jacobo (Luisito, min.61), Mario Casal, Bertín, (David Pensado, min.72)
  • Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Marco, Víctor, Andrés, Neucha, Cheo, (Eloy, min.13), David Blanco, Manu Pardo, (Miguel Dourado, min.65). Ismael, (Casais, min.56).
  • Goles: 1-0, min.9: Bertín de tiro raso tras combinar con Adrián. 2-0, min.89: en propia meta tras un centro de David Pensado que deixa pasar Luisito.
Comezou o Malpica pouco centrado e o Sofán moi enchufado. Aproveitou o desconcerto visitante o pichichi sofanista para facer o 1-0 de tiro raso. COntrolaba o balón o equipo de David Baña, mentres o Malpica tardaba en facerse co partido. Ata o min.40 non chegaba á meta de Alex os visitantes pero sen demasiado perigo. Na segunda o guión seguía sendo semellante. Control sofanista e o Malpica intentaba saír á contra. Pero o trío atacante malpicán non cazaban eses balóns longos da defensa e non puideron facer dano. Pouco a pouco o Malpica foi subindo filas e o Sofán pechando espacios e buscando a contra. Os últimos 20 minutos foron de asedio visitante pero foi o equipo local, nunha xogada de clase de Luisito, o que sentenciou.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios