Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Movementos de pretemporada no fútbol da Costa

Movementos de pretemporada no fútbol da Costa

Ecuador do mes de xullo e se xa disfrutamos dalgún torneo, pouco a pouco van empezando os adestramentos para moitos equipos da bisbarra.

Un dos máis tempraneiros é o novo S.D. Ameixenda. A pasada semana celebraron os primeiros adestramentos cunha asistencia de 20 xogadores, dos que 15 son da casa, ameixendáns. As sensacións foron boas, segundo nos contan, e confían en facer unha boa temporada unha que vez moitos dos xogadores proceden da 2ª Autonomica como Ramiro, Jesus e Javi (Dumbria B) , Camacho (U.D. Corcubión), e os irmans "Bichos", Alex Trillo, Riolo e Diego Trillo (O Pindo).

O Xallas de Santa Comna xa ten cores, plantel e míster

Xa se coñece a que será a nova indumentaria do Xallas de Santa Comba. Finalmente optouse por un diseño novedoso, que respetará os colores dos dous clubes precursores, o verde e o laranxa, que compartirán a camiseta a partes iguais, unindo o verde da esperanza co laranxa da forza e da vitalidade. O pantalón será branco, o color da paz e da tranquilidade.

Ademais, o míster Manuel Corredoira asinou co presidente Manuel Agra, e o plantel:

  • Porteiros: Diego e David
  • Defensas: Pío, Rubén Forján, Chinda, Oscarín, David Agra, Martín ( Soneira).
  • Medios: Jota, Orlando Couso, Jesús, Mon, Doro, Darío Capelo, Pablo Baña, Ismael (Zas).
  • Delanteros: Noli, Javi Suárez, Marquiños (Xuvenil).
  • Xogadores que farán a Pretemporada: Alberto (Castriz), Martín García (Castriz), Luís Castro, José Ángel.
    Xuveniles que farán a pretemporada: Iván Couto (Cadete), Diego Maneiro, Dani Martínez, Steven, Iván Pastoriza, Alberto Recarey.

Novas fichaxes do Fisterra

Dúas fichaxes anuncia polo de pronto a SD Fisterra. E dous clásicos fisterráns, seguindo coa súa política de convertir en profetas na súa terra os que xa o foron por aí endiante. Sergio Manín e Cote son os primeiros en subir ao bus da SD en 1ª Autonómica.

Sergio Manín, excapitán do equipo, xogou moitos anos no Fisterra tanto na 1ª como na 2ª autonómica onde conseguiu unha liga da costa. Xoga de defensa ou centrocampista defensivo e coincidirá entre outros amigos con 3 dos seus primos, Cote, Guardiola e Dudo.
Jose Carlos Santos Dominguez (Cote) volve a casa, logo de marchar o pasado xaneiro para fichar polo equipo xuvenil do Conxo de división de honra xogará este ano no Fisterra. Trátase dun centrocampista que o ano pasado disputou partidos tanto nos xuvenís, como no Fisterra B e Fisterra, destacando nos 3 equipos.

Novo míster para a UD Cerqueda

A Unión Deportiva Cerqueda cerrou a contratación do novo mister para a campaña de liga 2012/2013. Trátase de Roberto Lozano, que xa adestrou anteriormente ao Alcaián e Independiente de Carballo e agora estaba formando a xogadores en categorías base polo Cabana e Coristanco.

A presentación da U.D.Cerqueda será este venres 20 as 20:00h no campo de Xaviña (Buño).

Emotivo encontro en Malpica

Pedra Queimada acollía esta fin de semana unha cita solidaria. Unha selección da SCD Malpica enfrontábase a unha Selección do Sáhara Occidental, un choque de índole internacional. As bandeiras galegas e saharauois déronse a man e a emotividade foi a protagonista.

Finalmente a selección saharaoui venceu por 1-2.

Novas relacionadas

Máis torneos

Fonte

Comentarios