Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Tres pola zona alta e un en descenso

Preferente: Tres pola zona alta e un en descenso
Furado por onde se colou o gol de Mayuyo en Carral

Dúas lecturas ten esta xornada 7 da Preferente. I é que nos deixa tres dos nosos equipos entre os catro primeiros, pero o cuarto, en descenso. E tras un partido cheo de polémica ademais. Pois o Soneira voltou sen puntos do campo do pechacancelas (o Carral aínda non sabía o que era sumar) tras ver como o colexiado non daba por válido un golazo de Mayuyo no desconto ao colarse polas redes da portería. Un golazo que significaría un puntiño, pero o Soneira só trae de volta 4 expulsións.

Mentres por arriba, o Bergantiños cedía os primeiros dous puntos pero segue líder. 3º xa está o XSC tras facer un serio partido ante o Lemos. E 4º xa temos a todo un Dumbría, que este ano mira moi alto.

Carral - Soneira (3-2)

  • SONEIRA: Víctor, Brais (Mayuyo, min.75), Fran de Urroa (Quilmes, min.80), Sito, Maikel, Richi (Cristian Figueroa, min.60), De la Sierra (Cristian Canosa, min.75), Riki (Iván Chans, min.80), Basti, Javi, Baba.
  • Goles: 0-1, min.1: Baba; 1-1, min.5: Samuel; 2-1, min.55; 3-1, min.78; 3-2, min.88: Mayuyo.
  • Expulsións: Víctor, Basti, Maikel e o míster Felipe Candamo xa co partido rematado.

De infarto o choque en Carral con remate de ciencia ficción. Así o califican os soneiráns, que de poder traer un punto volven de baleiro e con 4 expulsados. I é que no min.90, co 3-2 no marcador e o Soneira volcado, Mayuyo facía un golazo de falta se colaba polos furados da rede e o colexiado non o daba por válido.

O partido comezaba de cara para os de Felipe, que pasou unha mala semana pasada á fronte do equipo e mesmo chegou a pedir a dimisión. Baba adiantaba aos seus pero pronto igualaba o cadro local, que aínda non sumara puntos en toda a campaña. Na segunda saía frouxo o Soneira e o Carral se metía 3-1. Pero a base de casta o Soneira se viña arriba e se metía no partido a falta de 2 minutos. Xa corría o min.94 cando tiña lugar a xogada polémica que deixou ao Soneira sen premio.

Xallas StComba - Club Lemos (2-0)

  • XSC: Pablo, Gonzalo, Rubén Forján, Alberto, Néstor, Alfonso, David, Jesús, César, Toño e Marquitos. Tamén xogaron: Rodri, Isma e Diego.
  • Goles: 1-0, min.60: Darío de penalti cometido polo porteiro sobre Richi; 2-0, min.70: Darío dende o borde da área.
  • Expulsión: o porteiro visitante na xogada do penalti (min.60).

Gran partido, cheo de oficio, do XSC ante o Lemos. Os de Julio Martínez dominaron, sen demasiadas ocasións, a primeira metade. Pero tampouco sufriron. Foi na segunda cando o choque se decidiu, sobre todo tralo penalti e expulsión do meta visitante a falta de media hora para o final.

Cun home máis e por diante no marcador, o XSC soubo ler o partido, controlar máis e pegar zarpazos, como o que daba o segundo tanto a Darío.

Residencia - Dumbría (0-2)

  • DUMBRÍA: Julián, Rudi, David (Oscarín, min.55), Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Cote, Jota (Adrián Makkay, min.65), Iago (Toja, min.80), Pablo Muíño (Luisito, min.65), Doro.
  • Goles: 0-1, min.35: Aarón López a centro de Doro; 0-2, min.55: Doro.

Crece como a escuma a cotización deste Dumbría. Parece moi ben armado o cadro de Canosa, dende atrás, e por arriba. As posibilidades son infinitas e o equipo vai collendo confianza ata colocarse xa 4º na táboa.

Foi un choque moi igualado no que foi clave o acerto dos dumbrieses e a calidade de Doro, que deu o pase do primeiro e anotou o segundo. Os momentos máis difíciles foron no comezo do segundo tempo, pero o gol de Doro calmou os ánimos locais e permitiu que o Dumbría se afianzase atrás sen sufrir.

Bergantiños - Silva (0-0)

  • BERGANTIÑOS Christopher, Souto, Dany Becerra (Chechu, min.70), Sergio, Álex Canedo, Toni, Álex Figueiras, Alexandre (Iván Amor, min.70), Roberto Piñeiro, Luis e Josiño.
  • Expulsións: O delegado do Silva SD.
  • Incidencias: As pequenas promesas das Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz amenizaron o descanso con dous encontros de categoría biberón.

Partido duro con bastantes entradas fortes e no que houbo unha gran cantidade de cartóns amarelos. Comezou avisando o Silva, tras un balón en longo que controla Marcos Suárez na frontal para facer un bo lanzamento pero mellor foi a resposta do porteiro local, Christopher. Co 0 – 0 e o dominio do Silva chegamos ao tempo de lecer.

A segunda parte foi aburrida e pouco vistosa para o público. Cando transcorría tras un córner a favor dos visitantes, Michi Leal cabecea ao longueiro. Logo desto o Silva tivo medo a gañar o encontro, ata o punto de que o seu míster, Javi Bardanca, retirou do campo aos seus mellores xogadores para intentar defender o resultado con homes de corte defensivo.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios