Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: De alegrías e decepcións

1ª Autonómica: De alegrías e decepcións

Alegrías e decepcións nesta 5ª xornada da 1ª Autonómica, para os equipos da Costa. Por unha banda o Malpica e os debutantes, que sumaron 3 vitorias que os deixan en posicións moi cómodas, destacando o Malpica, xa 3º a só º punto do liderato.
A cruz da xornada, protagonizada polo Camariñas, que caía goleado ante o Agolada; e polo Ponteceso, que queda de pechacancelas con só 2 puntos tras caer de novo ante o Lamela.

Esteirana - Puebla (4-3)

Dani Rama nunha escena do choque da Esteirana-Foto-Jorge Parri
  • ESTEIRANA: Manuel, Roi, Juan, Dani Rama, Sui (Pablo, min.55), Pablo, Álex (Simón, min,65), Kike, Andel, Josiño, Varela (Rafa, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20: Kike; 2-0, min.50: Alex; 2-1, min.60; 3-1, min.65: Kike; 3-2, min.70; 4-2, min.75: Simón; 4-3, min.85.

Segue o equipo de Lodeiro facendo bo fútbol e sacando partidos adiante. Onte cunha gran primeira metade, os blaugranas encarrilaron un encontro que case se complica pero no que sempre foron un paso por diante.

Kike adiantaba aos locais nun primeiro tempo de completo dominio. Na segunda comezaban ben as cousas co gol de Alex, pero pronto recurtou o Puebla. Os erros defensivos dos locais, pedindo fóra de xogo en varias xogadas, metían ao partido aos do Puebla, poñendo a incertidume nas bancadas. Ao final tocou sufrir cun equipo que viña arriba, e cunha Esteirana que aínda non está fisicamente para aguantar tantos minutos, e mesmo tendo 4 xuvenís no campo.

Kike Paluca celebrando un dos tantos da Esteirana-Foto-Jorge Parri

Baio - Amio (6-2)

11 do Baio cas novas equipacions-Foto-Santi Diaz MC cas covas equipacions do CD Baio-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Yago, Mario, Fredi, Jose, Eloy, Norber, Fachal, Bieito, Canay e MC. No banco: Manuel, Alberto II, Martin, Rubio, Christian.
  • Goles: 1-0, min.23: MC; 2-0, min.25: Bieito; 2-1, min.32; 3-1, min.33: MC; 4-1, min.40: Canay; 5-1, min.55: Baio; 6-1, min.70: Canay; 6-2, min.80.

Os locais estreaban equipación nova con algunha modificación respeto da anterior, e que inclúe o escudo dos 50 anos da súa fundación, e ademais ten o nome e o número de cada xogador.

Comezou o Baio moi ben, facendo o xogo que máis lles gusta e impedindo os ataques dos visitantes, que non estaban moi acertados nos pases. Disto se aproveitaron os baieses e ao cuarto de hora MC abriu a lata cun forte disparo logo dun bo pase de Bieito, ante o cal non pudo facer nada o meta Adrián. Un minutos despois foi Canay quen serviu en bandexa cun "pase da morte" o gol a Bieito, que só tivo que empurrala.
Recurtaría distancias o equipo santiagués cun libre directo no que Anxo Lema Grille non pudo facer nada. A primeira parte continuaba cun claro dominio dos de Félix García Raposo, e nunha boa xogada que rematou co pase de Jose Antonio Cruz Rama a Canay chegou o 3-1. Canay tivo unha boa oportunidade tras unha falta que debiu ser cartón vermello directo, pois o dianteiro local encaraba "soliño" a meta cando foi freado polo último defensor, pero detivo o tiro Adrián. Antes do descanso MC sentenciou poñendo o 4-1 no marcador logo dunha nova asistencia de Bieito.

Na segunda metade o Baio continuou sendo o dono do partido e incrementou a goleada con dous novos goles. O primeiro foi obra de Bieito, cun tiro moi ben colocado; e o segundo obra de Canay, que regateou ao meta visitante (o 2º) logo dunha boa asistencia de MC. No treito final o Amio maquillou o resultado poñendo o 2-6.

Cabe destacar as boas noticias do regreso de Martín e Christian e a posición na táboa do Baio.

Martin volvia ao 11 no Baio-Amio-Foto-Santi Diaz

Agolada - Camariñas (5-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Roi, Sergio (Saviola, min.75), Manuel, Moriño, Congui, Brais, Pirucho, Sule, Wii (David Espeto, min.50).
  • Goles: 1-0, min.30; 2-0, min.40; 3-0, min.60; 4-0, min.80; 5-0, min.86.

Mal partido do Camariñas, que xa chegaba con moitas baixas, e que estivo moi débil en defensa e cunha actitude mellorable. E iso que comezaba prantando cara ao Agolada, equipo recén ascendido, e xogando de igual a igual. Pero á media hora chegaba un gol que mataba aos camariñáns. Un gol do punta local, de 1,90m, que fixo 3 tantos e amargou á defensa camariñá.

Co 2-0 antes do descanso, o Camariñas prantexou a segunda metade moi ofensiva, con 3 defensas, intentando irse arriba, pero pronto recibiron o 3º, e a cousa non mellorou.

Lamela - Ponteceso (1-0)

  • PONTECESO: Guille, Javi Peón, Josito, Moscoso, Dani Pallas, Mendieta, Alberto Recarey, Martín Puente (Dani Cotelo, min.75), Rubén (Miki Pose, min.75), Toniño, Diego.
  • Gol: 1-0, min.85.

Non arrinca o Ponteceso de Mato, un equipo se cadra demasiado novo, cunha moreade rapaces chegados de xuvenís, que, por agora, está pagando a novatada. Onte estivo preto de puntuar pero a mala sorte, e a arbitraxe, evitaron que o equipo volvese con algo de premio.

O Ponteceso controlou, dominou, tivo as mellores ocasións e mesmo marcou dous goles anulados (un a Diego ao principio e outro a Toniño na segunda), e ao final, recibiu un gol no min.85 a balón parado nun erro puntual.

Da situación do equipo fala o propio míster, Mato, "Merecemos ter máis puntos pero non os temos. E o único responsable desta historia son eu,que fun o que apostei por esto, pola canteira. Levamos 2 domingos con 13 pontecesáns na convocatoria, e a pesar de estar como estamos, penso que esta debe ser a liña, continuando co traballo de Nacho do ano pasado. Ademais, onte saímor fortalecidos moralmente, porque lle dominamos ao Lamela, e malia vir de baleiro, merecimos moito máis, con ocasións de gol, pois aínda non costa marcar. Vai ser un ano de sufrimento pero se somos capaces de aguantar un tempo, imos ir para arriba".

"Ademais, teño que recoñecer que ata fai 2 semanas non atopamos sistema, e agora xa empezamos a estar máis sólidos atrás, xa levamos dúas semanas encaixando un só gol, afianzando o sistema defensivo, o que pasa é que esto non dá respiro. Pero imos mellorar moito. Ademais o equipo conta cun David Brenlla que está demostrando ser unha das persoas mellor preparadas da zona".

Villestro - Malpica (1-2)

11 do Malpica-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, David Castro, Manu Casal, Dani García, Mario Casal, Alemán (Fernando Varela, min.58), Juan oBello (Quique, min.89), Cheo, Óscar Suárez (Abel, min.73), Ismael, M. Maradona (Neucha, min.79).
  • Goles: 1-0, min.46: de penalti; 1-0, min.50: Óscar Suárez róuballe a carteira ao porteiro e marca a pracer; 1-2, min.55: Manu Casal de cabeza nun córner de Juan oBello.

Que boa pinta ten tamén o Malpica deste curso. O cadro de Baña soubo aguantar e mesmo remontar un partido ante un dos equipos chamados a estar moi arriba. Tras unha primeira metade igualada cun par de xogadas para cada equipo, a segunda foi moito mais trepidante, con idas e vidas, sendo o equipo laranxa o máis acertado e seguro atrás.

Precisamente arrincaba a segunda metade cun penalti de Mario Casal que non falla o equipo local. Pero pronto reaccionaba o equipo de Baña e non pasaron 5 minutos ata que Óscar Suárez tira de presión e aproveita un erro do meta local para empatar. E cos locais aínda doídos polo erro, Manu Casal aproveita un bo córner de Juan oBello para poñer ao equipo malpicán por diante.

Aínda quedaba moito e o Villestro tivo as súas pero Pombo, cunha rápida saída, e cunha estirada ao "remate" en prpia de Mario Casal, evitou o empate.

Crónicas da semana

Comentarios