Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Outes non cede e os aspirantes vanse colocando

2ª Autonómica: O Outes non cede e os aspirantes vanse colocando
Cabana-Camelle-Foto-David Castro

Vanse colocando os aspirantes ao ascenso na parte alta da 2ª Autonómica, e xa podemos ver ao Cee, o Castriz, o Fisterra, o Sofán ou o Zas compartindo o alto da táboa cos Outes e Porteño. O Outes segue ca sorte de cara e aínda non perdeu un só punto. Pero o que non puido manter a imbatibilidade foi o Porteño, que caía en Ara Solis.

A xornada estivo marcada pola polémica no choque do Cubaleiro, que quedou suspendido no min.80 nunha situación algo peculiar.

Por abaixo, o IDC sumou os seus primeiros 3 puntos vendendo a un San Lorenzo que queda tocado; e o Cabana sumou o seu primeiro punto ante o Camelle.

Fisterra - Porteño (3-1)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel Cartamil, Santi (Sergio, min.78), Piti, Tati, Guardiola (Roa, min.65), Toni (Hidalgo, min.81), Roco (Dani, min.81), Bruno e Mané (Mario, min.73).
11 do Porteno en Ara Solis
  • PORTEÑO: Bonano, Gabi, Pejo, Maikol, Iago, Doyle (Juan Antonio, min.70), Piti, Varela (Parga, min.80), Cousillas, MeuLar (Felipe, min.40), Isma (Elvis, min.75).
  • Goles: 1-0, min.5: Mané; 1-1, min.30: Ismael; 2-1, min.35: Bruno; 3-1, min.70: Mané.
  • Lesión: Roco unha rotura de ligamentos, que tivo que saír en ambulancia.
  • Sucumbíu o Porteño ao asalto a Ara Solis. Un Porteño que chegaba líder con 4 de 4, pero este Fisterra parece chamado a facer grandes cousas. Así e todo, a vitoria saíulle cara aos de Juan Jesús, que perden a Roco para toda a temporada trala súa lesión de ligamentos.

    Aguantou o Porteño a primeira metade, prantando cara a un Fisterra que segue nunha boa liña. E respondeu ao gol inicial de Mané conseguindo empatar o partido á media hora. Pero Bruno volvía colocar aos fisterráns por diante antes do descanso. A pegada do cadro verde foi maior, e o Porteño baixou o ritomo tralo terceiro gol de Mané, que segue destacadísmo no pichichi con 9 tantos.

    Corcubión - Castriz (1-0)*

    • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Jesús, José María, Balucho, Gabi, Villar, Alberto, Edu (Villar, min.60), Lema, Mario.
    • CASTRIZ: Toño, Martín, Agra, Alberto, Alex, Sergio (Balsa, min.60), Chinda, Bruno, Cili, Anxo (Yordi, min.65), Pichín (Fabio, min.70)
    • Gol: 1-0, min.55: Jesús.
    • Incidencias: Partido suspendido no min.82.

    O partido da xornada polo seu remate, ou máis ben, falta de remate, pois foi suspendido no min.82 tras unha tangana.

    Chegaba o Castriz con moitas baixas e fixo unha primeira metade bastante mala. Pero o partido xa case rematou no min.55 cando o conxunto local marcaba un tanto en fóra de xogo. A partir de o partido se ralentizou, con moitos paróns, moitas interrupcións, moitas perdas de tempo por bando local, mesmo tirando varios balóns ao campo. Corría o minuto 80 cando un xogador corcubionés se lanzaba ao chan pedindo unha patada sen balón dun xogador xalleiro (aí chegan as dúas versións, os locais din que houbo patada, os visitantes que non). O colexiado non soubo manter a calma, os xogadores dos bancos saltaron ao campo, e o colexiado decidiu suspender o partido cando a cousa non ía con el.

    Así, quedarán uns 10 minutos por xogar.

    Cabana - Camelle (1-1)

    Cabana nas Redondas-Foto-David Castro
    • CABANA: Añón, Isma, José, Charlie, Iván de Treos, Sandro, Rubén Rama, Fernando (Diego, min.78), Berti, Josiño e Eloi Pereira (Manolo, min.54).
    Camelle nas Redondas-Foto-David Castro
    • CAMELLE: Ángel Luis, Carlos de Dido, Matías, Iván, Valiña, Ángel Riveiro, Sergio, Mario, Miguel Riveiro, Javi Rañal e Barreiro.
    • Goles: 1-0, min.22: Rubén Rama aproveita de volea un rexeite de Ángel Luis logo dun cabezazo dun xogador local. 1-1, min.75: Matías de penalti de José sobre Miguel Riveiro.
    • Expulsións: O cabanés José por dobre amonestación no minuto 75.
    Capis do Cabana e Camelle ca colexiada-Foto-David Castro

    Partido cun claro dominador ata o último cuarto de hora. O Cabana foi amo e señor do encontro pero segue tendo problemas de cara a portería. Mentres que o Camelle costoulle traballo entrar no partido e non se viu superior ao equipo do Rodeiro ata o gol de Matías.

    Comezaron forte os locais e xa avisarían no primeiro minuto, logo dun centro de Berti que despexa a defensa camellana e no segundo pau Eloi Pereira saca un bo lanzamento que é rexeitado polo longueiro. Ao cuarto de hora, chegaría a polémica ao encontro disputado nas Redondas, os camelláns protestaron moi aireadamente que a colexiada anulase un gol a Barreiro por un posible fóra de xogo moi dudoso. Sete minutos despois chegaría o primeiro gol da tarde, despois dun rexeite de Ángel Luis logo dun cabezazo dun xogador local, o esférico cáelle a Rubén Rama que fai unha volea impecable dende a frontal da área para batir a portería do Camelle. O Cabana seguiría dominando pero sin crear ocasión claras de gol. Co 1-0 e os das Redondas dominando chegaríamos ao tempo de lecer.

    Á volta dos vestiarios, o Cabana seguiría dominando pero sen crear ocasións de gol. No minuto 75, o partido daría un cambio logo dunha xogada desgraciada dos locais: internada na área de Miguel Riveiro, José mete o pé e comete penalti, pena máxima que transforma Matías. A partir desto o Camelle apretaría un pouco máis pero sen crear ocasións claras de gol.

    Carnota - Outes (2-3)

    • CARNOTA: Luís De la Peña, Tono da Caixa, Boni (Adrián, min.50), Manolo Chouza, Pedro Pichín, Ferreiro, Nakata, Pablo Beiro (Iván Maceiras, min.70), Manuel Luís, Pumuky (Urko, min.82) e Miguel Poyo.
    • OUTES: Gato, Arturo, Borja, Chúa, Rubén, Chía (Samuel, min.55), Martín, Fabio (Babu, min.85), Kin (Saúl, min.75), Elías (Migui, min.50) e Piki.
    • Goles: 0-1, min.15: Arturo de falta cun golazo; 0-2, min.25: Piki; 1-2, min.45: Pumuky de cabeza nun córner; 2-2, min.50: Adrián; 2-3, min.75: Kin tras un rexeite de De la Peña a un tiro de Fabio.
    • Expulsións: os carnotáns Tono da Caixa por dúas entradas fortes, e Nakata por protestar, ambos no min.65.
    • Lesionados: Elías tras unha entrada e Chía cun pinchazo no xeonllo.

    Bo ambiente en Lombáns, para ver un partido tremendamente estrano, pero ben intenso e fermoso. Pero este curso, os partidos así sempre caen do lado do Outes. "Debe ser polo que sufrimos inmerecidamente o ano pasado", valora entre risas Manu Roque a sorte que está tendo o seu equipo este ano, unha vez que onte Gato paraba ata dous penaltis.

    O Outes encarrilaba o partido por dúas veces, pero se deixaba ir e o Carnota se meteu no partido por dúas veces e non empatou porque Gato se convertiu na figura do partido parando dúas penas máximas, a segunda xa co tempo cumplido, para salvar os 2 puntos.

    O choque comezaba cun paradón de Luís de la Peña a tiro "bocajarro" de Fabio. Pedro Pichín tamén salvaba unha baixo paus de Fabio. Eran minutos de dominio visitante. Marcou un golazo de falta Arturo, Gato parou un penalti e do qu epuido ser o 1-1 chegou na xogada seguinte o segundo por medio de Piki que xa leva 6 goles. Recurtou ao fío do descanso Pumuky, e á volta do descanso, un erro defensivo deixa en bandexa o 2-2.

    Pero nunha xogada quedan con 9 os locais tras unha dura entrada de Tono da Caixa, merecedora da segunda tarxeta, pero que tamén levou á caseta a Nakata por unhas pequenas protestas. O Outes, con paciencia, entrando por bandas, con Arturo incisivo, foi controlando o choque e foi Kin quen marcou o terceiro. Pero Adrián fallou sen porteiro falla, e na xogada seguinte penalti, xa contra o final, no min.90, penalti que para tamén Gato, o segundo da tarde e o terceiro da tempada, de tres recibidos. Un Gato que está demostrando estar nun momento impresionante.

    Sofán - Volantes (5-1)

    Imaxe do Sofan-Volantes-Foto-SD Sofan
    • SOFÁN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete (Iván Rey, min.62), Martín, Iván Rojo (Javi Souto, min.70), Alberto (Santi, min.55), Raúl e Brais (Suso Docampo, min.62).
    • VOLANTES: Rubén Santos (Iago, min.80), Pardelo, Isma, Mingos, Juan, Miguel, Martín, Iago, Vidal, Ivi, Piru.
    • Goles: 1-0, min.15: Eloy Boedo remata un corner botado por Marcos; 2-0, min.37: Raúl controla o balón na area e define de forte remate coa dereita; 3-0, min.49: Raúl peina a gol un saque de banda de Jorge; 4-0, min.68: Iván Rojo en xogada persoal; 4-1, min.80: Juan de penalti; 5-1, min.85: Santi de remate pola escadra.

    Chegaba o Volantes moi tocado aínda polas baixas e apenas puido prantar cara a un Sofán que vai metendo marchas a medida que pasan os partidos. Xa vai Raúl collendo forma e se notou pois o punta local marcou dous tantos.

    Xa comezaba o Sofán mandando, e Raúl marraba o primeiro man a man e Pablo Martínez enviaba un remate de córner ao longueiro. Marcou Eloy Boedo o primeiro e o Volantes veuse algo arriba, pero foi Raúl o que marcaba antes do descanso. O propio Raúl marcaba nada máis vlver dos vestiarios e aí rematou o partido cun voluntarioso Volantes pero que pouco puido facer ante unha fresca SD.

    Moitos balons aereos no Sofan-Volantes-Foto-SD Sofan

    Corme - Mazaricos (3-0)

    • CORME: Javi (Suso, min.46), Adolfo, Dani, Jesús, Diego (Abel, min.60), Sergio, Alejandro, Adrián Doldán (Chino, min.88), Miguel Torrado (Antonio, min.85), Lucas e Alejo (Manu, min.65).
    • MAZARICOS: Davicín, Chico (Casais, min.80), Estéfano, Ramón, Matías, David (Ferreiro, min.83), Oreiro (Coxo, min.70), Ricardo (José, min.85), Molinos, Sandelo, Esteban.
    • Goles: 1-0, min.60: Diego de cabeza tras un córner envelenado de Lucas; 2-0, min.75: Alejo; 3-0, min.85: Adrián Doldán.

    Partido igualado, de lado a lado, no que o Mazaricos prantou cara ao Corme, pero que se decantou polo bando azulón porque estiveron máis acertados que outros días.

    A primeira metade foi moi igualada, cun Mazaricos tratando cara a cara a todo un Corme, e mesmo dominando e puidéndose poñer por diante. David fallou diante de Javi e Molinos tampouco definiu no man a man para os amarelos. Tam´n tivo o Corme a súa cun tiro Adolfo ao longueiro e no rexeite Adrián Doldán tamén mandou ao longueiro.

    Na segunda baixou unha marcha o Mazaricos, aínda sen atopar o mellor punto de forma, e o Corme non perdoou os regalos que lle brindou a defensa visitante.

    San Lorenzo - Indep. Carballo (1-2)

    • SAN LORENZO: Puyol, Canteiro (David Álvarez, min.77), David Rey, Casillero, Germán (Eloy, min.80), Anxo, Chucho, Schuster, Joaquín, Fuentefría (Dani, min.76) e Velo (Javi, min.50).
    • IDC: Noé, Gato, Atu, Belar (Yoni, min.75), Cholo, Carlos, Pichel (Fraga, min.70), Juni, Mario, Seo e Esteban (Esteban, min.75).
    • Goles: 0-1, min.56: Pichel; 1-1, min.58: Joaquín de penalti; 1-2, min.75: Mario.
    • Expulsións: os carballeses Seo (min.85) e Dani Rosalía dende o banco, ambos por protestar.

    Mal partido do San Lorenzo no derbi carballés, i é que non saen as cousas e parece que moralmente necesita un impulso. Pola contra, gran partido do IDC, que foi superior e acadou unha vitoria que xa lle facía falta ao equipo de Rafa. Un IDC que estivo moi ben arriba, cun Mario facendo un partidazo.

    Aínda así o equipo de Gueli mandou dous balóns aos paus na primeira metade. Comezaba a segunda co gol de Pichel e co empate de Joaquín de contado. Pero Mario facía o segundo a 15 do final, e malia que se foi arriba e apretou o San Lorenzo, e a psesar de ter algunha ocasión, demostrou non estar acertado cara gol. De feito os últimos 3 goles a favor dos de Verdillo foron de penalti.

    Buño - Cee (2-4)

    Buno-Cee-Foto-UC Cee
    • BUÑO: Brais, Casáis, Rubén, Iago, David (Alfredo, min.58), Diego, Gurita, Dani, Charo, Elías e Fran.
    • CEE: Lourido, Jorgito, Dani Freire, Jacobo, Poky, Piquero, Angeliño (Berto, min.89), Yayá (Carlos Leis, min.58), Penedo (Josiño, min.66), Diego Cespón e Cristian (Javi, min.82).
    • Goles: 0-1, min.1: Piquero; 0-2, min.4: Penedo a pase de Diego Cespón; 0-3, min.34: Yayá; 1-3, min.43: Charro; 2-3, min.49: Gurita; 2-4, min.68: Diego Cespón.
    • Expulsións: os locais Charro no min.90 e Dani co partido acabado.

    Comezaba o Cee arrollando e en 5 minutos Piquero e Penedo xa meteran dous goles. Non baixou o ritmo o Cee que na primeira metade puido ampliar a vantaxe en varias ocasións, como a que non perdoou Yaya a falta de 10 para o descanso. Antes de ir aos vestiarios Charro recurtaba, e nada máis voltar Gurita facía o 2-3 que metía o medo no corpo ceense.

    Pero este tanto esperou aos ceenses, que volveu tomar o mando. Tivo o Buño o empate aos 20 da segunda, tras un roubo de Charro que cede a Elías só para rematar pero Jorgito está moi atento e salva o empate. E do 3-3, pasouse ao definitivo 2-4, pois o gol de Diego Cespón matou ao cadro local.

Buno-Cee-Foto-UC Cee

Muros - Zas (0-0)

Muros-Zas-Foto-Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Ramón, Pedro, Teo, Javi, Dani, Elisardo (Juan, min.70), Gelo, Yanki, Gabo e Sexo (Juanito, min.20) (Berni, min.25).
  • ZAS: Miki, Lagoa, Pereiro, Oliver, Vecino, Canedo, Peque, Jaime, Isma (Pastor, min.60), David Blanco e Pablo (Martín, min.50).
  • Lesións: Sexo e Juanito, ambos no xeonllo. O de Juanito xa é seguro os ligamentos e o de Sexo aínda por confirmar o alcance da lesión.

Partido soso, e máis disgustos para Manu Camello, cas lesións de Sexo e Juanito, no xeonllo ambos, e polo de pronto a de Juanito moi seria.

Unha parte para cada un e un punto a repartir. A primeira foi algo máis vistosa, pero na segunda o xogo foi máis trabado, con moitos paróns. Foi o Zas o que dominou a primeira, con varias ocasións falladas, dende o comezo con Jaime dominante. Así e todo a primeira clara ocasión foi para Yanki, que conseguiu acabar o partido, mandando ao longueiro no min.20. Despois David Blanco, e Pablo de cabeza avisaron para o Zas.

Na segunda, a base de casta os locais foron chegando, con varias accións a balón parado. Salvou Víctor baixo paus nada máis saír cunha ocasión do Muros.

Muros-Zas-Foto-Jorge Parri

Crónicas da semana

Comentarios