Luns. 06.05.2024
El tiempo

Primeira: Derrotas de Camariñas, Fisterra e Ponteceso.

Primeira: Derrotas de Camariñas, Fisterra e Ponteceso.
Non foi un bo comezo para os equipos costimorteños na primeira xornada do Grupo 2 da Primeira Autonómica. O balance desta primeira etapa foi negativo, cunha victoria e tres derrotas para os nosos. Camariñas, Fisterra e Ponteceso caeron, namentres que o Malpica colleitou os primeiros tres puntos da campaña.

Noia – Camariñas (1-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais, Julio, Roi, Sergio (Carlos, min. 73), Mariño, Brais Triñanes, De la Sierra (Rodrigo, min. 84), Casti, Juan Bello e Martín (Paco, min 61).
  • Goles: 1-0. Ciño, min. 36.
O Camariñas non tratou de vostede a un dos equipos máis potentes da categoría, como é o Noia. Aínda así, os da Costa tiveron que vir de baleiro. O gol de Ciño chegou nun remate de vaselina logo dunha asistencia de Banana. Non houbo moito fútbol combinativo e un dos protagonistas da tarde foi a calor.

Puebla – Fisterra (5-4)

  • FISTERRA: David, Piti, Munitis, Jose, Sergio, Roco, Guardiola (Marco, min. 60), Cote (Roberto min. 80), Aitor, Hugo (Mané, min 70) e Tata (Eddy, min 46).
  • Goles: 1-0. Curu, min. 12. 2-0. Denis, min. 25. 2-1. Cote, min. 33. 2-2. Aitor, min. 38. 2-3. Tata, min. 43. 2-4. Aitor, min. 60. 3-4. Piñeiro, min. 65. 4-4. Piturro, min. 86. 5-4. Piñeiro, min. 90.
Un partido do máis tolo o que se celebrou entre o Puebla e o Fisterra. Ao final, victoria local, uns locais que xogaron mellor nos comezos e no remate do choque. O Fisterra perdeu moita forza nos minutos finais. O Puebla desaproveitou unha vantaxe de 2-o e despois os fisterráns fixeron o mesmo desaproveitando o 2-4. O Puebla apretou ao final, e o esforzo tivo os seus froitos.

Malpica – Amio (2-1)

  • MALPICA: Suso, David Castro, Víctor, Amado, Rancaño, Alemán (Ismael min.71), Adrián (Mario Casal min. 74), Cheo (Charlie min. 85), David Blanco (Charro min. 46), Neucha, Uruguaio (Tato min.63).
  • Goles: 0-1. Jairo, min. 4. 1-1. Uruguaio, min. 28. 2-1. Charro, min. 83.
Mal comezaba o choque para o Malpica, xa que aos cinco minutos unha indecisión entre a defensa local e o porteiro Suso, dáballe o primeiro tanto aos visitantes. Foi a única aportación ofensiva do Amio ao partido. Logo do gol visitante, o Malpica fíxose co control do balón e xerou numerosas ocasións de gol. A segunda metade foi máis do mesmo. O Malpica xerou ocasións e o Amio non se achegou á meta local. Charro anotou o gol da victoria para os de Pedra Queimada.

Ponteceso – Unión (2-3)

O Ponteceso comezou a tempada perdendo na casa fronte ao Unión. Os da vila de Pondal chegaron ao descanso con dous tantos de vantaxe, pero os unionistas se repuxeron para rematar gañando. O Ponteceso rematou o encontro cun home menos, algo que axudou a que na segunda metade, o Unión anotara os tres tantos que lle deron a victoria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios