Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no fútbol costeiro

Resultados da fin de semana no fútbol costeiro
Nova xornada completa do fútbol costeiro. E o máis destacable é a vitoria do Santa Comba na Liga Xuvenil Sur. Os xalleiros vencían en Vimianzo ao Soneira, e á falta de unha xornada para o remate da Liga Xuvenil Gr.3, proclámanse campión da liga e xogarán a fase de ascenso á Liga Galega. Polo demais, o Soneira suma e segue puntiño a puntiño. Na 1ª o Cee segue afianzando a súa candidatura ao ascenso. Onte vencía e convencía en Fontenla e mantén o liderato. Ademais queda máis solitario xa que o Olímpico caía e tan só o Unión o segue de preto a 2 puntos. Pola súa banda o Dumbría, que recuperou o olfato goleador de Adrián Mackaay, achégase ao ascenso e queda a 2 puntos do Xallas. Na Liga da Costa, o Camariñas, do que hoxe coñecemos máis os seus segredos, afiánzase como a única alternativa ao Ponteceso tras vencer con claridade ao Club do Mar, nun encontro algo máis igualado do que reflicte o 3-0 final. Os de Berto tampouco fallaban no derbi ante o Corme, malia que o meta pontecesán tivo que parar ata dúas penas máximas. Por abaixo as cousas ponse complicadas para o Porteño, que caía ante O Pindo nun encontro crucial. As vitorias do Buño en Fisterra, e da Esteirana ante o Vimianzo, e o empate do Carnota en Baio, deixan a Carnota, Vimianzo e Porteño nunha situación complicada, cunha fenda de 6 puntos entre Porteño e os de arriba. Na , o resultado máis destacable foi o empate do líder, o Nantón, no Cunchido, un deses campos que vai ser xuíz e parte da Liga. Triple empate pois no máis alto da táboa, co Corcubión e Mazaricos. A outra nova destacada foi a derrota do Cerqueda ante o Coristanco, que deixa aos de Rochi a 7 puntos do trío de cabeza, e aos coristanqueses a 9.

Preferente, xornada 27

Soneira 1-1 Xove Lago

1ª Autonómica, xornada 23

Xallas 1-2 Cee
Dumbría 2-0 San Tirso
Sp. Cambre 5-0 Sp. Zas

2ª Autonómica, xornada 23

Castriz 2-1 Muros
Baio 3-3 Carnota
San Lorenzo 0-0 Sofán
Esteirana 2-0 Vimianzo
Fisterra 0-1 Buño
Camariñas 3-0 Club do Mar
Malpica 2-3 Dumbría B
O Pindo 2-1 Porteño
Ponteceso 2-1 Corme

3ª Autonómica, xornada 23

Lira 0-2 Corcubión
Laxe 3-2 Corcoesto
Indep. Carballo 1-1 Cabana
Alcaián 1-4 Mazaricos
Cerqueda 0-3 Coristanco
Atl. Pereiriña 4-0 Xaviña
Muros B 3-1 Muxía
Outes 2-2 Nantón

Liga Nacional Xuvenil, xornada 21

Sardoma 1-1 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 17

Dumbría 2-2 Outes
Soneira 1-2 Santa Comba
Esteirana 2-4 Cee
Mazaricos 4-2 Fisterra
Corcubión 3-1 Muros

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 21

Cabana 0-4 Corme
Bergantiños B 1-1 Ponteceso
Dumbría B 2-0 Sp. Zas
Coristanco 2-1 Camariñas
Baio 4-2 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 20

Conxo B 1-0 Santa Comba
Bergantiños 2-0 Ural B

Segunda Cadete, xornada 19

Ponteceso 4-0 Muros
Cee 4-0 Outes
Con. de Carnota 0-6 Cabana
Malpica 4-1 Coristanco
Corme 0-10 Dumbría
Esteirana 10-1 Fisterra
Bergantiños B 4-2 Soneira

Segunda infantil, xornada 15

Muxía 6–2 E.D. Os Miudos
Cee 2–0 Outes
E.M.F. Vimianzo 2–3 Cabana
Coristanco 1–4 Bergantiños B
Santa Comba Zas
Baio 0–1 Con. de Carnota
Esteirana 2–4 Dumbría

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

Nantón 2-3 Vimianzo
Bértoa Susp. San Román
Corcubión Vet. 2-0 At. Milagrosa
Ponteceso 1-3 Bergantiños
Cabana 1-2 Castriz
Xv. Bergantiños 6-0 Camariñas
Sp. Zas 0-0 Baio

2ª División

Dep. Carballo 2-2 Malpica
Cerqueda 8-3 Club do Mar
San Lorenzo 1-1 Agualada
Leiloio 1-2 Porteño
Corme 0-1 Coristanco
Corcoesto 0-4 Sofán
Muros 2-2 Buño

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios