Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril

Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril
Saudo de capis no Corcubion-Cee-Foto- Jorge Parri

Nova xornada esta do ecuador de abril con máis de 60 partidos. Nunha fin de semana que prometía un respiro deste eterno inverno, pero que acabou deixando unha desapacible tarde. Pero repasamos o acontecido nos campos do #futboldacosta.

E comezamos análise pola Preferente, que se abría onte co bo empate do Dumbría ante o potente Boiro. Hoxe, unha de cal e unha de area para Xallas de Santa Comba e Soneira. Os de Corredoira voltaban de Taboada cos 3 puntos deixando ao pechacancelas afundido. Mentres, os de Felipe, volvían con 3, pero goles, dun O Val que os alcanza na 10ª praza.

En 1ª Autonómica mal seguen as cousas para Fisterra e Ponteceso. E menos mal que Cheo marraba un penalti no min.92 para deixar que os 3 puntos os leve un Camariñas que fai fóra, os deberes que deixa de facer na casa. Sae o cadro de Berto a 4 puntos do Ponteceso e 5 do Fisterra, quedando agora o equipo de Juan Jesús está en postos de descenso, empatado co Flavia pero co golaverage individual en contra, e tendo en conta que o Flavia chega cunha xeira moi boa, mentres que os fisterráns levan 5 derrotas seguidas e 7 partidos sen gañar.

Mantén o tipo a Esteirana no máis alto da 2ª Autonómica, tras superar, pola mínima a un Volantes que non se pode despistar, i é que os arrastres poden ser perigosos. O Baio mantén o tipo e queda a 4 puntos tras vencer ao Castriz, pero o tropezón do Cee ante o eterno rival, o Corcubión, deixa aos de Floreal a 3 do Baio e a 7 do líder. Por detrás, o Sofán empataba co Zas, ambos no segundo grupo, no que tamén está un Corme que remata a liga de xeito espectacular, e que non tivo piedade dun Montelouro que non é capaz de reaccionar.
Por abaixo, vitorias do Cabana e do Outes, e empate do Mazaricos, deixando a parte baixa apretada, con estes 3, e o Volantes, mirando aos arrastres da 1ª.

Había un choque directo na 3ª Autonómica, que remataba con táboas entre o Porteño e o Independiente. Completa case unha volta o cadro carballés de Da Silva sen perder, pois non cae dende a xornada 13 precisamente co Porteño. Agora, a falta de 4 partidos, os carballeses sacan 2 puntos ao Camelle, que non fallab onte ante o Ameixenda, e 4 ao Porteño. Quedan aí dúas loitas fermosas, polo liderato e pola segunda praza de ascenso directo.
A promoción vaise perfilando. Co Soneira case metido, o Cerqueda está asegurando estas xornadas, a trancas e barrancas, a súa clasificación. E a última praza é a que está máis dura, cun Laxe que vén de menos a máis, hoxe 6º con 43 puntos e un partido menos, sacando 2 puntos a un Ameixenda que vai de máis a menos. O Nantón saca a cabeza tras vencer a un Lira que parece que non vai chegar á loita, quedando ámbolos dous equipos empatados co Baíñas a 38 puntos, a 5 da 6ª praza.

Xa temos cuartos da Copa da Costa Xuvenil, con algunha sorpresa e moita tensión. O Laxe finalmente aguantou as embestidas do XSC tralo 0-3 da ida. E malas novas para o cadro de Rafa que pasará máis dun mes sen competir ata que cheguen as eliminatorias da Fase de Ascenso á Liga Galega. Ademais, dúas eliminatorias se decidían na prórroga. Pendentes estivemos ata última hora para comprobar que Outes e Baio se metían nos cuartos superando cun apretado 2-1 na prórroga á Esteirana no Xosé Luís Vara, e ao Corme no Platas Reinoso. O Mazaricos foi quen de darlle a volta ao 3-4 da ida e superaron en Ara Solis a un Fisterra que remata así unha irregular temporada. O Malpica, trala retirada do Muxía que xa nin xogou a volta, o Cee, que superou con solvencia ao Coristanco, o Dumbría que batía de novo a un Ponteceso que xa pensa só nos maiores, e o Cabana, que volvía golear a un Camariñas con 9, completan o cadro.

Gran xornada para o Dumbría da Liga Galega Cadete. Os de Lobelos e Leis vencían 0-5 ao Imperátor, e o Ural caía co Deportivo B, polo que os dumbrieses quedan, a falta de aínda 6 xornadas, na 3ª praza que dá o ascenso á División de Honra.

Xornada fundamental en Veteranos, que están a só unha do final. O Soneira tiña un partido clave, e o solventou, non sen dificultades, nas Redondas ante o Cabana. Ten 2 puntos de vantaxe sobre o Castriz pero non lle vale o empate, terá que vencer na última xornada ao Bergantiños se non quere depender de que o Castriz non gañe en Baio para celebrar o título, no seu primeiro ano en 1ª, e no seu segundo ano de existencia.
E na 2ª, xa temos ascensos asegurados. O Laxe vencía en Cerqueda asegurando o ascenso, e ademais a derrota do Muros ante o Corcoesto mete ao cadro laxense no máis alto da táboa. O Muros pode así rematar segundo tras levar dende a xornada 11 no liderato, pero tanto Laxe como Muros xa puideron celebrar o ascenso.

Ademais, os clubes de Veteranos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.

Preferente, xornada 33

Dumbría 0-0 Boiro
O Val 3-0 Soneira
Taboada 1-2 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 30

Malpica 1-2 Camariñas
Estudiantil 2-0 Ponteceso
Amio 3-1Fisterra

2ª Autonómica, xornada 30

Cabana 4-0 Dumbría B
Corcubión 3-2 Cee
Buño 2-1 San Lorenzo
Volantes 0-2 Esteirana
Castriz 1-3 Baio
Outes 1-0 Muros
Carnota 0-0 Mazaricos
Sofán 1-1 Zas
Corme 7-1 Montelouro

3ª Autonómica, xornada 30

Ameixenda 2-4Camelle
Baíñas 4-1 Castrelo
Nantón 3-0 Lira
Porteño 1-1 Indep. Carballo
Coristanco 1-1 Muxía
Laxe 3-0 Corcoesto
Alcaián 0-1 Cerqueda
  • Soneira B - Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
  • Descansa Xaviña.

Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Oitavos


Liga Galega Cadete, xornada 28

Victoria B 0-5 Dumbría
Bergantiños 1-1 Portuarios

Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 9

Bergantiños 3-0 Pabellón Ourense

Liga Galega Infantil, Playoff Descenso Gr. B, xornada 9

Dumbría 3-0 Xuventude Oroso

1ª Cadete, xornada 22

Xallas StComba 3-0 Muxía
Baio 1-6 Cee
Fisterra 4-1 Zas
Con. de Carnota 0-4 Esteirana
Ponteceso 4-2Muros
Porteño 2-1 Outes
Cabana 2-1 Coristanco

1ª Infantil, xornada 26

Ponteceso 1-2E.M.F. Vimianzo
As Baleas 0-1 Cee
Corme 4-5 Baio
Fisterra 1-2 Esteirana
Coristanco 6-2 Sofán
Muxía 1-10 Xallas StComba
Cabana 1-1Outes
  • Descansa Os Miúdos.

Ligas de Veteranos, xornada 29

1ª División

Vimianzo 2-2 Camariñas
Cabana 3-4 Soneira
Castriz 3-0 Bergantiños
Baio 1-1 Coristanco
Zas 0-1 Nantón
San Lorenzo 2-4 Corcubión Vet.
San Román 1-4Ponteceso
Bértoa 1-1 Xv. Bergantiños

2ª División

Porteño 2-0 Corme
Dep. Carballo 3-1 Buño
Malpica 1-0 Leiloio
Agualada 1-2 Poniente
Cerqueda 1-3 Laxe
Corcoesto 2-1 Muros
Camelle 0-1At. Milagrosa
  • Descansa Sofán.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios