Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Apretando

Xuvenil Sur: Apretando
Cee e Outes seguen imbatidos tras 3 partidos pero as cousas non foron tan fáciles como nas primeiras dúas xornadas. Os de José Carlos sufriron para vencer a un Corcubión que aínda está na súa posta a punto. Pola súa parte, o Outes tampouco o pasou ben para superar á Esteirana, que aínda non suma puntos a pesar da boa imaxe que está a deixar. O Soneira e o Santa Comba sacan a cabeza por arriba, tras endosaren sendas goleadas a Muros e Mazaricos aproveitando a xuventude de ambos cadros.

Cee - Corcubión (1-0)

  • CEE: Iván, J. Ramón, Aitor, J. Antonio, Iago, Esteban, Carlos, Rubén, Pablo, Sergio, Carlos. Tamén xogaron: Javier, Cibrán, Martin e Ismael.
  • CORCUBION: Abelleira, Adrián, Toni, Sergio, Pablo, Lema, Javi, Iván, Adri, Manu, Gabi. Tamén xogaron: David e Kike.
  • Gol: 1-0, min.20: José Ramón á saída dunha falta.
Partido con moito calor o que se disputou no San Paio de Refoxos na tarde do sábado. A calor impediu que se vise un mellor espectáculo. O partido comezou cun minuto de silencio polo recente falecemento dos rapaces en Corcubión. Tralo pitido incicial, comezou con embistes dos 2 equipos sobre as 2 porterías pero sen ocasións claras de gol. No minuto 20 da primeira metade chegou o único gol do partido tras una falta sacada que o porteiro non chega a atallar e remata en boca de gol. O gol foi protestado polo equipo visitante xa que o porteiro aánda non acabara de colocar a barreira cando o colexiado asubiou. Na segunda parte o Corcubión intentou a igualada pero o Cee defendiu con todo o resultado incluso retrasando a posta en xogo dos balóns, accions recriminadas polos propios xogadores visitantes e parte dos afeccionados.

Outes - Esteirana (2-1)

  • OUTES: Jona, Rafa (Rubén, min.46), Jurado, Alex, Juan, Babu (Pedrosa, min.46), Sergi, Edu, Piti (Abraham, min.85) e Elías (Nine, min.76)
  • ESTEIRANA: Matías, Meco, Diego (Ángel, min.65), Eloy, Abel, Javi Paluca, Jacobo, Agustín, Adrián, David e Pablo (Djamber, min.46).
  • Goles: 0-1, min.20: Bruno; 1-1, min.45+1: Pablo; 2-1, min.65: Edu.
Mereceu algo máis a Esteirana na súa visita ao Conchido, pero non se aproveitou na desastrosa primeira metade dos locais e ao final acabaron pagándoo. O gol antes do descanso de Pablo cambiou o rumbo do partido, e espoleou aos de Manu Roque e Tomé e despistou aos rapaces de Uru. Os locais fallaron un penalti por medio de Edu que o lanzou fóra (min.73)

Soneira - Mazaricos (4-0)

  • SONEIRA: Víctor, César (Cristian Alvarez, min.70), Pichón, Héctor, Marquiños, Cachi (Toja, min.60), Cristian de Cereixo, Ricardiño, Picachu (Angeliño, min.75), Capote (Efrain, min.70) e Cristian Carantoña.
  • MAZARICOS: Rubén (David, min.70), Mipadre, Sandelo, Javier, Esteban, Alberto (José, min.60), José Ángel, Ferreiro, Mario (Alex, min.70), Carreira e Molinos.
  • Goles: 1-0, min.3: Capote; 2-0, min.15: Capote; 3-0, min.40: Capote; 4-0, min.50: Pichón.
Mereceu máis o Mazaricos na primeira metade, cunha boa presión en todo o campo e contando con varias ocasións para poñerse por diante. Pero xa dende o minuto 1 o Soneira estivo letal na dianteira e as primeiras ocasións de Capote acabaron nas mallas de Rubén, a pesar das protestas dos visitantes nos dous primeiros tantos. Tralo descanso, un curioso incidente interumpiu o comezo do choque, cando un afeccionado entrou no campo. Así e todo, o gol antes do descanso, e o de Pichón á volta dos vestiarios sentenciaron o partido que foi decaendo ata o final.

Santa Comba - Muros (6-0)

  • SANTA COMBA: Gabri, Alberto, César (Marcos Álvarez, min.70), Josito, Landeira, Dani Martínez, Javito (Fran, min.64), Miguel, Eloi (Gabriel, min.60), Stiven e Marquiños (Pablo, min.75)
  • MUROS: Domingo, Santi, Veloso, Diego, Damuel, Alberto, Minos, Moncho, Santi Berberecho, Adrián. Tamén xogaron: Iván, Sergio e Marcos.
  • Goles: 1-0, min.40: Miguel; 2-0, min.48: Landeira; 3-0, min.52: Eloi; 4-0, min.60: Javito; 5-0, min.70: Gabriel; 6-0, min.81: Stiven.
  • Expulsión: un xogador visitante (min.34) con cartón vermello directo.
Os muradáns tan só puideron facer fronte dos xalleiros durante a primeira media hora de encontro, a partir de aí e cun home menos o dominio, ocasións e goles foron para os de Santa Comba. Marquiños puido abrir o marcador si transformara a pena máxima que deu lugar a expulsión, pero pese a que tirou dúas veces acabou fallando. O propio Marquiños poría un centro pouco despois para que Miguel abrira o marcador e así facilitar a goleada. Na segunda Landeira cun tiro dende fóra da área, Eloi a finalizar unha bonita triangulación de equipo e Javito pouco despois mataron o encontro. Na parte final do mesmo, Gabriel cun lanzamento dende fóra da área e Stiven de volea dentro da área puxeron o definitivo 6-0. Así e todo, salientable a primeira metade, sobre todo a nivel defensivo, deste noviño Muros de Nieto, que aínda non viu porta nestas primeiras xornadas.

Fisterra – Dumbría A (2-3)

  • FISTERRA: Angel, Gonzalo, Roberto, Noé, Cote, Rubén (Cristian, min.81), Gabriel (Javi, min.61), Cristian, Bruno (Suárez, min.66), Hidalgo e Champi.
  • DUMBRIA A: Aitor, Roi, Samuel (Ruben, min.85), Adrián Ozón, Jose, Israel, Blanco, Martín (Damián, min.60), Rafa (Dito, min.65), Javi (Antón, min.75) e Marco.
  • Goles. 0-1, min.32: Champi; 0-2, min.52: Bruno; 2-1, min.67: Dito; 2-2, min.75: Marco; 2-3, min.88: Marco.
Tarde de calor no Arasolis. Na primeira parte o control do partido foi local sen claras ocasións para ningún dos dous equipos, aínda que nunha combinación de paredes entre os locais que acabou no primeiro gol minuto.32. A segunda parte seguiu coa mesma tónica, lixeiro dominio local no control do balón, pero coa diferenza de que foron máis verticais os verdillos en ataque creando varias ocasións claras de gol e o 2-0. A partir de aí cambio de novo o sentido do dominio, baixón físico dos locais que cederon o balón e ocasións aos dumbrieses que o aproveitaron ben. Gañaron as costas dos centrais e os pupilos de Pablo Conde conseguiron o empate. Coas táboas, os locais deron un ultimo coletazo e durante uns minutos intentaron reaccionar con tres ou cuatro ocasións pero nun balón que recibe de espaldas a defensa Marco xírase e consegue o definitivo 2-3.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios