15 nova vivendas protexidas sairán a sorteo en Laxe


O Instituto Galego da Vivenda e Solo, a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, iniciou o procedemento para a adxudicación de quince vivendas protexidas, de promoción privada, que se atopan en construción no concello de Laxe.
As vivendas, de réxime xeral e destinadas á compravenda, emprázanse na rúa Villa Amparo, nº 10, en Laxe, e os promotores prevén rematar as obras de construción no mes de novembro de 2012. As vivendas adxudicaranse por sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes á data de inicio do procedemento (13 de febreiro de 2012).
Os interesados nestas vivendas, ademais de estar inscritos no Rexistro de Demandantes deberá solicitar a súa inclusión no sorteo das mesmas, mediante un escrito dirixido a dito Rexistro, para o que dispoñen de prazo ata o 2 de marzo.
Novas relacionadas
- O campo de fútbol do Laxe sairá a poxa.
- O Consello de Contas continúa coa Auditoría no Concello de Laxe.
Fonte
- Nota de prensa da XUnta.