17 adegas encherán Laxe do mellor viño do país


Completa fin de semana vinícola en Laxe. O programa Reláxese, con este marzo enolóico, culmina cunha fin de semana na que se celebrará a I Mostra de Viño Galego "Beber do País" que concentrará a un total de 17 adegas no Museo do Mar este sábado día 24.
Xa o venres, xusto despois de facer entrega do premio ao autor do cartel premiado do Rosario da Boa Morte, ás 19:00h, terá lugar no renacido Museo do Mar unha cata de viño da D.O. Rioja a cargo de Chelo Palacios, enóloga e xerente de Bodegas Palacios Remondo.
Pero a cita máis grande, para pechar o “Inverno Gatronómico”, chega o sábado (de11:00 a 14:00h e de 17:00h a 20:00h), coa Mostra do Viño Beber do País. 17 adegas galegas de varias Denomiacións de Orixe (DO) e Identificacións Xeográficas Protexidas (IXP) estarán no Museo do Mar:
- DO Monterrei: Couto Mixto (Verín), Crego e Monaguillo (Monterrei).
- DO Rías Baixas: Coto Redondo (As Neves), Viña Moraima (Barro).
- DO Ribeira Sacra: Pilares de Belesar (O Saviñao), Toalde (O Saviñao).
- DO Ribeiro: Area Lux (Cenlle), Eloi Lorenzo (Arnoia).
- DO Valdeorras: Alán de Val (A Rúa), Casal Novo (Rubiá), José Arestegui (A Rúa).
- IXP Barbanza: Antonio Saborido (Boiro), Entre Os Ríos (A Pobra).
- IXP Betanzos: Casa Beade (Paderne), Conexión Mandeo (Betanzos).
- IXP Ribeiras do Morrazo: Adega Ardán (Marín) e Os Areeiros (Vilaboa).
O público asistente á mostra poderá probar os viños nunha mostra conducida por Antonio Portela, viticultor e elaborador de viño IXP Ribeiras do Morrazo e membro da Asociación Galega de Sumilleres.
Novas relacionadas
- O Rosario da Boa Morte, xa ten cartel.
- Laxe gosta de Beber do País:
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
- O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).