venres. 09.05.2025
El tiempo

3 feridos nun accidente na estrada de Camariñas a Laxe

3 feridos nun accidente na estrada de Camariñas a Laxe

Esta noite, a estrada de Camariñas a Laxe vivía un novo accidente. Un turismo empotrábase contra un muro resultado feridas as 3 persoas que viaxaban no mesmo. O accidente acontecía sobre ás 23:20h da noite do luns xa no termo municipal de Laxe, e parece ser que dous dos feridos son un home e unha muller duns 35 anos, e o terceiro é un home de aproximadamente 60. Todos foron trasladados ao Centro hospitalario de Carballo.

Dende o 112 mobilizaron Urxencias Médicas, Protección Civil de Laxe, Gardia Civil de Tráfico e o 061.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios