Venres. 19.04.2024
El tiempo

6 bibliotecas escolares da Costa da Morte, escollidas para o proxecto Radio na Biblio

6 bibliotecas escolares da Costa da Morte, escollidas para o proxecto Radio na Biblio
logo_radionabiblio_256x256

Boas novas para os centros educativos da Costa da Morte, que demostran a actividade e o compromiso dos nosos mestres. A Consellería de Educación vén de anunciar a lista de 20 Bibliotecas escollidas de toda Galicia para desenvolver o proxecto piloto “Radio na Biblio”. Entre elas atopamos nada menos que 6 centros costeiros.

As Bibliotecas do CEIP Canosa-RUS (Coristanco), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), o CEIP Milladoiro (Malpica), o CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos), o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Muros) e o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba) recibirán un total de 2.000€ para desenvolver esta idea.

Un proxecto que pretende introducir a radio nas escolas coa intención de estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado. Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. O laboratorio de radio na biblioteca escolar poderá estar asociado a un programa de voluntariado na biblioteca.

Un feito de face canteira xornalística ideal, tendo ademais na bisbarra varios radios libres como Radio Roncudo de Corme e a radiONeria, a emisora municipal de Corcubión, onde se pode con facilidade acabar facendo prácticas.

Fonte

Comentarios