venres. 09.05.2025
El tiempo

A Biblioteca de Laxe abre por Semana Santa

A Biblioteca de Laxe abre por Semana Santa

Vacacións na aulas e os pequenos teñen que meterse nalgures. E que mellor sitio que a Biblioteca. Por iso, dende a Concellería de Cultura nos informan de que durante os vindeiros días 18, 19 e 20 de abril, o novo local social –sito nos baixos da Biblioteca municipal de Laxe-, permanecerá aberto en horario de mañá, en concreto de 11:00 a 13:00 horas, para os máis pequenos do fogar, sempre e cando teñan idades superiores aos 4 anos. En caso de menores de idades inferiores, poderán estar no centro sempre e cando o fagan acompañados dunha persoa adulta responsable.

Durante estes días, o local abrirá as súas portas coa finalidade de ofrecer un espazo no que a infancia poda ocupar dunha maneira lúdica o seu tempo libre durante unha época vacacional como é a da Semana Santa.

Actividades

Con este propósito, durante estas tres mañás, realizaranse diferentes actividades de carácter socioeducativo, orientadas aos diferentes grupos de idade que, ademais de fomentar as súas habilidades manuais e sociais, fagan posible o establecemento de relacións entre os máis pequenos e pequenas. Entre outras opcións que vaian xurdindo, teremos oportunidade de: xogar de maneira libre, así coma tamén dirixida, bailar, visionar películas que nos fagan reflexionar, practicar habilidades coma a escritura, a lectura... sempre sen perder o enfoque lúdico das sesións.

Máis información

Para máis información, podedes contactar co Departamento de Cultura, ben sexa presencialmente ou mediante contacto telefónico no: 981 70 69 71.

Fonte

  • Nota de prensa da man de José Manuel Mouzo Castiñeira, Concelleiro de Cultura, Benestar e Protección Civil do Concello de Laxe.

Comentarios