xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Deputación destina máis de 400.000 euros para melloras viairias en Coristanco, Laxe e Zas

A Deputación destina máis de 400.000 euros para melloras viairias en Coristanco, Laxe e Zas
mellora-firme-estradas As obras de mellora viaria teñen un prazo de execución de catro meses A comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña - encabezada por José Manuel Pequeño - levará a cabo nos vindeiros meses as obras de mellora da seguridade en varias carreteras da provincia. Os investimentos por un importe de 1,3 millóns xa se aprobaron por unanimidade de todos os grupos políticos. As obras, que serán sometidas á ratificación do pleno provincial do presente mes de novembro, executaranse nos concellos de Laxe, Zas, Coristanco, As Pontes e Rianxo e inclúen traballos de mellora de firme e ampliación de viais destinados a mellorar a seguridade na circulación. Nos termos municipais de Laxe e Zas, a Deputación da Coruña investirá 372.406,92 euros para financiar as obras de mellora da plataforma e dotación dun novo firme nun tramo de 5,5 quilómetros da estrada DP 4001 que vai de Baio a Laxe. O proxecto contempla o fresado e reparación do firme na travesía da Torre, onde non é posible alterar a rasante actual, e a dotación dunha nova capa de mestura bituminosa en quente entre os PK 0+000 e os 5+495. Os traballos terán un prazo de execución de catro meses e incluirán a reposición da sinalización vertical e horizontal. En Coristanco, o departamento provincial levará a cabo obras de reforzo do firme nos primeiros 2,7 quilómetros da estrada DP 2901 de Coristanco a Cereo, cun investimento previsto de 323.11,46 euros. As obras inclúen a limpeza de arcéns e cunetas en ambas marxes, o fresado das zonas deterioradas do vial, a reparación das gretas existentes e a repavimentación da estrada cunha capa de 6 centímetros de mestura bituminosa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios