xoves. 08.05.2025
El tiempo

A Escola de Avoas recupera as raíces xenealóxicas de Laxe

A Escola de Avoas recupera as raíces xenealóxicas de Laxe
Escola de Avoas de Laxe

Fantástica a iniciativa da Cruz Vermella Carballo, de levar a Laxe a súa 11ª Escola de Avoas Educadoras. E menudo traballo que están a facer as bravas avoas, pois están elaborando as árbores xenealóxicas das súas respectivas familias para compartir cos seus netos.

Son un total de 10 avoas as participantes, tremendamente activas e participativas, neste proxecto que ten como finalidade ofrecer un soporte psicosocial a persoas maiores que exercen labores de educación a menores de idade, apoiándoos na súa función educativa, detectando necesidades e reforzando as súas habilidades como educadoras e coidadoras.

A dinámica habitual céntrase máis no diálogo, no debate, en compartir experiencias... apoiado en exposicións por parte do personal de Cruz Vermella sobre os distintos aspectos de interés con respecto á crianza e á educación.

Unha Cruz Vermella que hoxe precisamente comeza un curso de Primeiros auxilios para bebés na capital bergantiñá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cruz Vermella.

Comentarios