A Escola de Nais e Laxe de Laxe abre con 4 xornadas formativas
Que importante é formarse, a todos os niveis. Por Laxe ata os pais e as nais o teñen claro, e teñen por diante 4 novas sesións formativas dos eidos da educación, a ciencia, o consumo e a autoestima, da man da recén creada Escola de Nais e Pais, organizada polo Concello.
O mércores 16 ás 18:30 terán a primeira sesión, na que terá lugar a presentación da Escola, e despois unha charla coa psicóloca Mariló Porteiro, sobre educación.
O vindeiro xoves 24 toca falarmos de xenética cun dos máis grandes científicos do mundo, o xalleiro Ángel Carracedo, nunha charla aberta ao público en xeral.
O 30 de novembro será a Escola Galega de Consumo a que nos fale de consumo responsable, habendo ademais un obradoiro paralelo para nenos de 8 a 12 anos.
E o mércores 14 toca cita cun mesmo, coa autoestima.
Para asistir cómpre estar inscrito na Escola de Nais e Pais, e ademais haberá servizo de biblioteca para os nenos, pero hai que solicitalo previamente.
Fonte
- Concello de Laxe.