A loita contra a mina abre unha canle medioambiental na Costa


A loita contra a mina de ouro de Corcoesto está xerando unha especie de conciencia global medioambiental na Costa da Morte. Así o refrendan estas charlas que vai a organizar a Plataforma en Defensa de Corcoesto en Carballo e Laxe. Unhas charlas que escapan da problemática concreta do proxecto mineiro e vai falar de temas máis abertos.
Así, este xoves 12 de decembro, o Pazo da Cultura carballés acollerá a charña do mestre da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, que nos presentará o concepto de "Decrecemento", unha idea que pasa por convertirse necesaria, sempre pensando en clave de consumo e enerxía.
Ademais, o propio Taibo xunto co enxeñeiro de minas e tamén profesor da UAM Emilio Menéndez, estarán no Salón de Actos Municipal de Laxe o venres 13 ás 20:30h para falar de "Petróleo: Poder, economía e medio ambiente".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).