xoves. 12.02.2026
El tiempo

A Xunta anuncia que "está a ultimar" o proxecto de restauración da Lagoa de Traba

LAGUNA DE TRABA.LAXE.FOTO DE MIGUEL MUÑIZ
Lagoa de Traba: Foto: Miguel Muñiz
A Xunta anuncia que "está a ultimar" o proxecto de restauración da Lagoa de Traba

Aproveitou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a visita do alcalde de Laxe, Francisco Charlín, para informar de que a Xunta está a "ultimar o proxecto para restauración" da lagoa de Traba. O humidal que, ademais de estar incluído no catálogo de zonas húmidas de Galicia, forma parte da Rede Natura 2000 como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), ten graves problemas de asolagamentos, como vén denunciando BNG nos últimos meses. 

De feito, o grupo da oposición quere destacar este Plan é gracias "ao traballo do BNG de Laxe, gracias ás súas iniciativas públicas e dunha iniciativa do BNG no Parlamento Galego", asegurando que o alcalde de Laxe actuou “máis ben a remolque” deste proceso, como sinalou a concelleira e candidata á alcaldía Cristina Vázquez del Prisco,

A Conselleira anunciou que o obxectivo da intervención en Traba é "ampliar a lámina de auga e mellorar a biodiversidade desta área, así como a vexetación das marxes e os ciclos hidrolóxicos. De feito, estudarase o funcionamento máis axeitado para a súa conexión e desaugadoiro cara ao mar. Ademais, o proxecto integrará todos os intereses implicados, desde os ambientais ata o mantemento de aproveitamentos tradicionais sostibles na contorna".

Dende o BNG piden que "especifique a inversión concreta e os criterios técnicos que se seguirán”, porque na informacion ofrecida non ofrece nin prazos, e así mesmo piden participación cidadá:  “A protección da lagoa de Traba non é só un asunto institucional; a veciñanza tamén ten que estar implicada para asegurar a conservación deste ecosistema costeiro único”, sinala Del Prisco.

Comentarios