Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arranca en Laxe unha completa programación cultural para este verán

Arranca en Laxe unha completa programación cultural para este verán
Ademais das actividades deportivas, o concello de Laxe oferta este verán un nutrido programa cultural - posto en marcha polo departamento de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña - no que teñen cabida ducias de eventos para todos os tipos e que xa arrincou onte coa obra de teatro cómico "Saabor", de Culturactiva. O luns, día 16, abrirase o prazo de presentación de poemas para o XII Certame de Poesía Antón Zapata García que remata o 14 de agosto. A seguinte cita é o xoves, 19 de xullo, día no que a praza Ramón Juega acolle a partir das 20:00 horas o espectáculo de maxia "Fantasía dos sentidos" de Fani Triana Ilusionista. A promgramación continúa o 26 de xullo co espectáculo de títeres con luva de Fantoches Baj e que leva por título "Fábula Galénica". Ao día seguintes, o venres 27, arrancará da praza Ramón Juega o IV roteiro "Lúa Chea"; un roteiro guiado con escenificacións teatrais e musicais polas rúas de Laxe que comeza ás 22:00 horas. E as actividades de xullo rematan o sábado día 28 co XVII Certame da Canción Mariñeira que será a partir das 20:00 horas na praza de Ramón Juega. A programación cultural do concello de Laxe continúa durante todo o mes de agosto. Así o día 2, ás 20:00 horas, haberá un espectáculo de circo con aéreos (de Desastronoauts) coa obra "Máis alto ainda". Do 3 ao 5 de agosto a praza Ramón Juega acolle o VI mercado Pirata con postos de artesanía e alimentación, xogos e varios espectáculos itenerantes. Xa o día 9 o mago Teto traerá o seu espectáculo de maxia "Alquimia" no que o mago, convertido en "alquimista" persegue a felicidade para acadar a "Gran Obra". Varios grupos de música tradicional citaranse en Laxe o día 11 de agosto no marco do XVIII día da gaita organizado pola asociación cultural Maruxía. O día grande de Laxe, o 15 de agosto, a banda de Ponteceso percorrerá as rúas d vila antes e despois da celebración da misa. E xa para rematar, o 25 de agotso, volve á praia dos Cristais o Solpor Poético e o certame de poesía coa actuación do grupo musical e poético "Gelría" e co acto de entrega dos premios de poesía. Novas relacionadas Fonte

Comentarios