Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Así vén o LaxEntroido

Cartel Laxentroido 2024
Así vén o LaxEntroido

A gran cita do Entroido de Laxe é e seguirá sendo o Entroido Caietano. A caída do persoeiro que do borracho do pueblo se convirte en alcalde, será o sábado, 17 de febreiro, co velorio e a misa cómica na Praza dos Voluntarios a partir das 18:30 horas. O desfile de despedida animado por Latexo Percusión ata a zona de Ramón Juega.

Pero é verdade que o ‘LaxEntroido 2024’, será moi completo.

O sábado 10 de febreiro, a partir das 17:30 horas, terá lugar o Desfile de Entroido e Comparsas, que estará inaugurado por D. Caietano e animado pola charanga ACDC e pola Lilicleta Disco Móbil.

Ese mesmo día, a partir das 18:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal, comeza a gran festa con inchables, baile, música e un fotomatón, ademais de filloas e chocolate de balde para todas as persoas asistentes. Como fin de festa actuará de novo a charanga ACDC.

Durante a festa celebrarase o Certame Participativo de disfraces, que conta con catro categorías: Individual (infantil e adulta), Grupal (os grupos estarán formados por un mínimo de 2 e un máximo de 4 persoas) e Comparsa (grupos de 5 ou máis persoas). Ademais, o Concello de Laxe poderá outorgar un premio especial “Mellor Cabezudo do LaxEntroido 2024”.

Os premios a outorgar suman un total de 500 euros, que en función da categoría repártense do seguinte xeito: 50 euros para a categoría Individual, tanto infantil como adulta; 100 euros para a categoría grupal e 250 euros para a categoría de Comparsa. O premio ao mellor Cabezudo do LaxEntroido tamén percibirá 50 euros, como as persoas gañadoras da categoría individual.

O prazo para inscribirse comeza desde o día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata as 12 horas do venres, 9 de febreiro.

A principal novidade de este ano é que o xurado estará composto por tres persoas pertencentes ó grupo musical contratado para dinamizar a festa, a charanga ACDC, tratando dese xeito que sexan alleas ao Concello de Laxe, coa finalidade de garantir a máxima imparcialidade e obxectividade das votacións. Ao remate farase a queima pirotécnica do Caietano e, xa a partir das 20 horas, haberá música, baile, animación e malabares con Peque Disco Moc Moc.

O IV Certame de Escaparates Entroideiros xa está en marcha

Segue aberto o prazo para participar no IV Concurso de Escaparates Entroideiros, para o que os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio xa se poden inscribir, ata o día 8 de febreiro.

Comentarios