Luns. 07.10.2024
El tiempo

O barco rehabilitado da entrada de Laxe xa está rematado

20221021 laxe conselleira mar proxecto galp costa da morte
Ao acto acudiron membros da corporación municipal e da confraría de pescadores; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez
O barco rehabilitado da entrada de Laxe xa está rematado
Presentou este venres o Concello de Laxe o resultado final do proxecto de restauración dunha embarcación de baixura situada nun dos accesos á vila mariñeira.

Este barco, de 18 metros de eslora, foi acondicionado dentro da iniciativa da posta en valor e musealización da carpintería de ribeira no municipio. O orzamento total das intervencións ascendeu a 18.131,85 euros, sendo o 85% financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte.

Tamén se procedeu á colocación duns paneis informativos na contorna da nave que conteñen material do arquivo fotográfico Vidal, o cal reflicte a historia do oficio e das embarcacións tradicionais co fin de poñer en valor o patrimonio cultural da zona.

20221021 conselleira mar laxe proxecto galp costa da morte

Comentarios