venres. 17.01.2025
El tiempo

O BNG de Laxe pecha o 2024 "máis forte que nunca"

bng de laxe 2025
O BNG de Laxe pecha o 2024 "máis forte que nunca"

Así como xa fixeron os consellos comarcais de Bergantiños e da Costa da Morte, o BNG de Laxe tamén vén de renovar a súa directiva. Un grupo que se mira "máis forte que nunca", unha vez que o seu portavoz do grupo municipal de Laxe, foi elexido responsable comarcal do BNG de Bergantiños. Pero ademais, considera que a renovación demostra a súa "fortaleza" xa que consello local hai caras novas.

Entra a formar parte do grupo municipal como Adán Centeno, Antía González e Tito Bolón. 

  • Responsable local: Javier Vidal Vidal.
  • Comunicación: Antía González Paredes e Teresa Varela Pose
  • Iniciativas polìticas e accións institucionais: Xosé Manuel Pose Lema
  • Acción Social: Isabel Toja Toja e Adán Centeno Pequeño 
  • Acción municipal, feminismo, igualdade e portavocía: Cristina Vázquez del Prisco
  • Xuventud e LGTBIQ+: Tito Bolón Vigo

 

“Pechamos un 2024 de obxectivos e logros conseguidos, desde o traballo serio e sen abxeccións. Somos un equipo forte e unido con moitas ganas de facer un Laxe mellor para a veciñanza e para os e as visitantes que temos a sorte de recibir”, sinala Cristina Vázquez desde a portavocía municipal.

 

Comentarios