sábado. 07.12.2024
El tiempo

BNG e Podemos critican o uso partidista e a sexualización da imaxe do 25N

Taza do 25N no Concello de Laxe
A cunca da polémica
BNG e Podemos critican o uso partidista e a sexualización da imaxe do 25N

Saltan os grupos da oposición ante a campaña do 25N do Concello de Laxe. BNG e Unidas Podemos critican a campaña municipal levada a cabo no colexio, ademais, por dous motivos. Se o BNG denuncia o uso partidista da xornada do 25N, dende Unidas Podemos critican a imaxe que sensualiza a muller na cunca de agasallo para o alumnado do centro.

Crítica do BNG

”Cando se viu que para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller teña que ir o alcalde ao CPIP Cabo da Area a entregar persoalmente un agasallo a cada alumnx, neste caso unha xerra persoalizada co nome de cada un/unha?”, pregúntanse dende o BNG. “Como se pode ter tanto descaro para utilizar ao alumnado dun colexio para darse a coñecer nas casas das nais e pais deses alumnxs utilizando como excusa o 25N, politizando un día no que non hai nada que celebrar, moito menos agasallar, e sí moito que reivindicar”.

Por esta razón, o grupo non está na concentración municipal e si na que convocou a plataforma Feminismo en Pé na Praza de Ramón Juega ás 20:00h do luns 25N.

Críticas de Unidas Podemos

Pola súa parte, Unidas Podemos Laxe lamenta “a imaxe sexualizada dunha muller para celebrar o 25N por parte do concello”. Para o grupo o deseño da taza agasallada “obxectiva ás mulleres”. “A imaxe da polémica é a dunha muller de perfil, co pescozo estilizado, os beizos cheos e os ollos entrecerrados, "actitude nunha que non convén para un día de reivindicación como nin de hoxe”.

Máis novas do 25N

Comentarios