Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carlos Castelao e Xan Fdez. Carrera levan a Laxe os Pioneiros da Fotografía en Galicia

Conferencia Pioneiros da Fotografia en Galicia en Laxe
Conferencia Pioneiros da Fotografia en Galicia en Laxe
Carlos Castelao e Xan Fdez. Carrera levan a Laxe os Pioneiros da Fotografía en Galicia

Despois do completo repaso á historia da recuperación do Arquivo Vidal, a posta en valor de tan importante documentación continúa. Este venres, ás 20 horas, Turismo Laxe ten prevista unha conferencia no Museo do Mar de Laxe, impulsada pola Concellería de Turismo dentro do programa de actividades “Primavera Científica e Cultural”. As persoas que asistan terán a oportunidade de coñecer como fui o proceso evolutivo da fotografía en Galicia a través do coñecementos históricos que compartirán Carlos Castelao e Xan Fernández, baixo o título “Os pioneiros da Fotografía en Galicia”.

O fotohistoriador Carlos Castelao, autor da obra “As orixes da fotografía en Galicia” ubicaranos na época do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. A súa exposición achegará ó público ó contexto histórico dunha arte que cambiou a forma de ver e documentar o mundo. A continuación Xan Fernández, autor da obra “José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”, fará o propio contextualiando a vida e obra da familia de fotógrafos Vidal de Laxe.

Coa posta en marcha deste tipo de iniciativas pretenden contribuír á posta en valor da historia fotográfica como patrimonio común que recolle a memoria colectiva da nosa vila e dos concellos veciños. “Ó mesmo tempo pensamos que é de xustiza tratar con respeto e orgullo un fondo documental tan único coma o Fondo Fotográfico Vidal”, explica o concelleiro Xosé Manuel Pose Lema.

Extracto dunha entrevosta a José Vidal no ano 1982

“Dentro de estos ojos está la historia de todos estos pueblos. Aquí dentro están las mujeres de Malpica que, en días de buena pesca, marchaban al frente de sus borricos hasta Carballo o Coruña, para lograr unas ganancias más lucidas. Estas bolitas que se mueven en mi cara han retratado los tiempo de cuando en Corme, la plata corría como el agua: a cuenta del wolfram, los hombres encendían las cachimbas con billete y las mujeres, por darse importancia, se bañaban en champán (…).
Por estas miles de cajas tienen que andar desde aviones alemanes abatidos en la zona, hasta cazas americanos embarrancados en la playa. Han de andar las carrilanas de la línea Santiago-Corcubión y los primeros coches que hasta aquí se acercaron. Tienen que estar cuanta romería, procesión y feria hubo desde que cogí una cámara a los catorce años. No me hace falta ni un mendigo ni corporación municipal de la comarca. ¿Y familias numerosas con sus veinte hijos en escalera? De esas tengo hasta procesiones. Y de bandas de música no me dan las matemáticas que sé para contarlas”.

Entrevista de Antonio Mariño a José Vidal, en Antena Dominical. La Voz de Galicia, 10/01/1982.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios