Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Chega a Laxe un verán moi activo

Chega a Laxe un verán moi activo
"Verán activo" é o nome do novo programa de actividades que vén de dar a coñecer o concello de Laxe, a través da súa concellería de Comercio, Hostalería e Turismo, e que se enmarca no programa anual do proxecto reLAXEse. Este programa está dirixido a maiores de 18 anos xa que os máis novos teñen un específico para eles. Entre as actividades que se ofertan están o ioga, que se poderá practicar na praia dos Cristais os días 10, 17, 24 e 31 de xullo e 7 de agosto ás 20:00 horas. Tamén haberá tempo para as clases colectivas de tonificación - GAP - que será os mércores 18 de xullo e 1 e 8 de agosto no patio da praza dos Voluntarios. Os venres 20 e 27 de xullo e 3 e 10 de agosto será día para bailar zumba con ritmos latinos. Co fin de coñecer Laxe, haberá distintas rutas de sendeirismo (17 e 24 de xullo) para as cales é preciso anotarse previamente. Durante o verán tamén haberá tempo para os deportes acuáticos como o snorkel, (16 e 19 de xullo), o paddel surf (23 e 26 de xullo), kaiak (30 de xullo e 2 de agosto) e para os paseos en barco (6 e 9 de agosto). Entre as actividades de verán tamén haberá no campo municipal do Cabo da Area o primeiro cuadrangular de fútbol Reláxese no que xogarán o SD Laxe, xunto ao CD Baio, UD Paiosaco e o Bergantiños Fútbol Club. A cita é o 11 de agosto ás 18:00 horas. Neste verán activo, as actividades culturais volverán ao Museo do Mar onde haberá presentacións literarias (10 de agosto presentación do libro "José Vidal. Unha vida adicada á fotografía"); a presentación da nova web de turismo (14 de agosto ás 12:00 horas) e unha exposición de fotos realizadas por Carlos Eiroa.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios