Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Colectivos bergantiñáns denuncian a posible corrupción das becas de EDP en Laxe

Parque-eolico-de-Corme-950x0-Foto-Salvemos Cabana
Imaxe das colosais dimensións da repotenciación do Parque Eólico de Corme promovido por EDP-Foto-Salvemos Cabana, entidade que tamén critica o impacto ambiental dos parques eólicos de Laxe
Colectivos bergantiñáns denuncian a posible corrupción das becas de EDP en Laxe

EDP Renovables é a promotora de 3 parques eólicos que afectan ao Concello de Laxe. Os PE de Soesto, Pena dos Mouros e Monte Chan xa recibiron numerosas queixas da veciñanza polo seu profundo impacto paisaxístico e ambiental. Unha polémica ante a cal a empresa quere loitar a base de becas.

Un programa de becas escolares que chama “Green Education”, que segundo denuncian varias entidades da comarca, “sería moi loable en condicións normais, pero provoca dúbidas razoables ante o feito de que o concello de Laxe ten que informar en varios trámites administrativos nos tres expedientes que a empresa tramita na Xunta, con unha incidencia ambiental severa e prexuizos irreversibles para a Rede Natura e ás paisaxes”.

Os colectivos Asoc. ambiental Petón do Lobo, Asociación galega Cova Crea e a Asociación ambiental “O Ouriol” do Anllóns veñen de denunciar estes feitos ante a Fiscalía Xeral do Estado para que “investigue se hai corrupción ou tráfico de influencias” neste programa de becas.

As entidades queren lembrar que “ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008), o papel do dereito non é recoñecer e protexer un valor ou unha beleza paisaxística particulares; o que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan”.

Por outra bandan lembran tamen a prohibición da recalificación urbanística dos montes afectados por incendios, como é o caso.

NOVAS SOBRE OS EÓLICO

Comentarios