Luns. 17.06.2024
El tiempo

O Concello de Laxe culpa ao director de obra da desfeita das escaleiras do casco

Lousas de escaleiras en laxe
As escaleiras da polémica
O Concello de Laxe culpa ao director de obra da desfeita das escaleiras do casco

Denunciaba a semana o grupo de Podemos Laxe a nefasta rehabilitación dunhas escaleiras en pleno casco vello de Laxe. A polémica saltou ás redes viriais e chegaron críticas de toda Galicia á desfeita realidade con esa lousa de pedra de canteiría cao carón mesmo da Casa do Arco.

Hoxe sae o goberno local á palestra, asegurando que “a polémica das escaleiras da rúa Sol á omisión dun procedemento na tramitación administrativa”. E explica o procedemento:

As actuacións realizadas teñen de base un proxecto do ano 2018 enmarcado no Plan Único da Deputación da Coruña, no que se contemplaba o acondicionamento da rúa Sol e arredores.
Nun primeiro momento, reflectíase que o material que se empregaría sobre o pavimento sería pedra ‘artificial’, é dicir, lousa de fábrica. Sen embargo, en maio do 2019 o proxecto sufriu un modificado por requirimento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, no que se establecía que se debía utilizar pedra natural. Este requirimento foi obviado polo director de obra, polo que as actuacións que se levaron a cabo non se corresponden coa actualización do proxecto, de aí estas diverxencias.

Así, despois da notificación por parte de Patrimonio, e que solicitaban a retirada deste material, técnicos da entidade da Xunta de Galicia mantiveron na mañá deste martes, 7 de marzo, un encontro co alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, e co propio director de obra para esclarecer os feitos e saber que medidas adoptar de cara a atopar a mellor solución.

Solucións que polo de agora non explicaron.

Novas relacionadas

Comentarios